Ir al contenido principal

O CL celebra o Día dos Museos

 O mércores 18 de maio o Club de Lectura da biblioteca de Sober visita o Museo de Arte Sacro das Clarisas de  Monforte de Lemos.

Nesta data celébrase  o Día Internacional dos Museos,que este ano ten como lema " O poder dos museos " :  os museos son lugares de descubrimento capaces de mostrar o pasado e de abrir as mentes cara ao futuro. Teñen o poder de transformar o mundo.


A exposición alberga a colección máis importante de arte italiana do primeiro terzo do século XVII que hai en Galicia.  Consta de seis salas onde  se mostran magníficas pezas de pintura, escultura, pratería, marfiles e  téxtiles, adquiridas polos Condes durante a súa estancia en Nápoles

Entre as pezas máis destacadas están as esculturas do taller de Gregorio Fernández,  do século XVII, como é o caso do Cristo Yacente en urna procesional, e dúas inmaculadas. Especial relevancia teñen tamén as pezas de ourivaría do Renacemento italiano do século XVII, así como os relicarios das escolas italiana e castelá ou os bordados en sedas das pezas do ornamento e indumentaria litúrxicas.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán