O mércores 18 de maio o Club de Lectura da biblioteca de Sober visita o Museo de Arte Sacro das Clarisas de Monforte de Lemos. Nesta data celébrase o Día Internacional dos Museos,que este ano ten como lema " O poder dos museos " : os museos son lugares de descubrimento capaces de mostrar o pasado e de abrir as mentes cara ao futuro. Teñen o poder de transformar o mundo . A exposición alberga a colección máis importante de arte italiana do primeiro terzo do século XVII que hai en Galicia. Consta de seis salas onde se mostran magníficas pezas de pintura, escultura, pratería, marfiles e téxtiles, adquiridas polos Condes durante a súa estancia en Nápoles . Entre as pezas máis destacadas están as esculturas do taller de Gregorio Fernández, do século XVII , como é o caso do Cristo Yacente en urna procesional, e dúas inmaculadas. Especial relevancia teñen tamén as pezas de ourivaría do Renacemento italiano do século XVII , así...