Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2024

Felices Festas

 

Parabéns Biblioteca

 

CL-Sylvia, de Celso Castro

  Rematamos o primeiro trimestre do CL Pintor de Castinande coa lectura desta novela , Sylvia, do autor coruñés Celso Castro. Trátase dunha fermosa historia de amor non correspondido. Un home namora de Sylvia, una muller de máis idade ca el, e que está namorada doutro home, de modo que utiliza ao protagonista cando lle convén. Fálanos tamén das relacións nais / pais e fillos, da enfermidade e dos traumas da infancia.  “Si nunca has suplicado de rodillas que no te abandonen, si no te has arrastrado a los pies de la persona que amas y no la has seguido babeando hasta el ascensor, y por favor que harás lo que quiera, pero por favor…” Este é un exemplo desta novela intensa en sentimentos e emocións, escrita dun xeito particular, onde non se usan as letras maiúsculas nin os puntos para finalizar os párrafos. O autor, Celso Castro , nace na Coruña no ano 1962. É un escritor e poeta galego que colabora en revistas de poesía: Nordés, Clave Orión, e tamén en magacines literarios e cu...

Recomendacións lectoras

  Recomendacións lectoras para este nadal  2024 realizadas dende as bibliotecas escolares e municipais do Colectivo Lemos Le.  https://lemosle.blogspot.com/2024/12/recomendacions-lectoras-nadal-2024.html

Fotografía con Macrolens Studio

 O martes 10 e o venres 13 de decembro houbo visitas guiadas á exposición de fotografía que Macrolens Studio expón na biblioteca de Sober.  Acompañados polo autor, os integrantes do CL Pintor de Castinande , así como os participantes nas Merendas con Contos, coñeceron a técnica empregada e responderon as adiviñas que o autor lles propuxo para coñecer e descubrir o que está nesas fotos.  Esta exposición estará na biblioteca ata o día 10 de xaneiro do 2025. Aproveiten a visitala.

Merendas con contos no Nadal

 

Exposición de fotografía : Ingredientes de cocktails. Macrofotografía

 

Viaxe a Santiago de Compostela

.   .   O mércores 4 de decembro o grupo de persoas maiores que asistiron aos cursos da USC realizados este ano, acudiron a recibir os seus diplomas acreditativos nun acto que tivo lugar na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela.  Foi o alcalde de Sober , Luís Fdez. Guitián, o encargado de recoller estes diplomas.  Ao remate asistiron á representación da obra de teatro "Balas sobre Broadway", no Teatro Principal da capital galega, representada pola compañía Carauta Teatro. Unha viaxe moi ben aproveitada por todas as persoas que participaron nesta iniciativa, que todos os anos a USC ofrece contribuíndo ao desenvolvemento humano e social das persoas adultas.

Programación cultural Nadal 2024

 

Certames de Nadal 2024

 

Encontro có autor : José María Lago Bornstein

 O sábado día 30 ás 12:00h. na bpm José María Lago, investigador local, presenta os seus novos traballos de investigación sobre a historia do noso Concello.

Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

A biblioteca contribúe á denuncia da violencia contra as mulleres coa realización de obradoiros baixo o título  : AS VERBAS AMABLES, nos que os usuarios e usuarias de distintas idades deixan xestos e palabras que consideran amables e que celebran a amizade e a solidariedade.  25 de novembro de 2024

Premio de Animación á Lectura María Moliner

  A biblioteca foi premiada, un ano máis , no Certame de proxectos de Animación á Lectura María  Moliner 2024 : Sober coa lectura engloba as actividades que se realizan na biblioteca dirixidas aos usuarios de todas as idades. Moitas grazas a todos os que facedes posible este recoñecemento para a nosa biblioteca. Neste enlace temos a resolución do Concurso de proxectos en municipios de menos de 50.000 hab.: https://www.cultura.gob.es/dam/jcr:720fcc53-c893-491f-a91b-b36bf8a0460d/report-concesi-n-mar-a-moliner-2024.pdf

Mañá na biblioteca

 

Merendas con contos-Novembro

 

CL-La retornada

 A primeira lectura deste novo curso do CL nos introduce nunha historia cautivadora, a novela   La retornada, de Donatella Di Pietrantonio.   P ublicada no ano 2018, trátase dunha novela contemporánea, que nos relata a viaxe dunha adolescente obligada a regresar coa súa familia biolóxica, abandonar o seu fogar no que viviu  ata ese momento, enfrentándose así a un mundo descoñecido.  O relato comeza coa protagonista levando unha maleta e unha bolsa de zapatos, chamando á porta da súa nova casa. Neste novo fogar, atópase cunha realidade completamente diferenteá que estaba afeita. A casa é pequena e escura, hai pouco que comer e os irmáns parecen estar por todas partes.  A pesar das dificultades , a protagonista atopa en Adriana, a súa irmá pequena, un apoio incondicional, unha compañeira que lle axudará a descubrir e a enfrontarse a este novo fogar. A autora : Donatella Di Pietrantonio nace na zona dos Abruzos en Italia. Escribe contos e poemas dende nena. A...

CL- Visita o Colexio da Nosa Señora da Antigua

  Entre as actividades programadas no mes de outubro, para celebrar o Día da Biblioteca, as integrantes do CL da biblioteca visitou o  Colexio da Nosa Señora da Antigua de Monforte de Lemos.  Neste colexio P.P. Escolapios coñeceron o claustro, a igrexa e a pinacoteca. Admiraron o retablo barroco de Francisco de Moure, o San Lorenzo e San Francisco do Greco así como a escaleira monumental e a fermosa fachada. Estas visitas culturais favorecen o coñecemento do patrimonio máis cercano, o da nosa comarca.

Celebración do Dia da Biblioteca

 

Día das Bibliotecas 2024

 

Merendas con Contos-Outubro

 

Encontro có autor

  O próximo martes estará na biblioteca ÓSCAR M. GUZMÁN para presentar a súa segunda novela : "Pero... como morren as pegas ", obra  gañadora do PREMIO VILAR PONTE, organizado polo Concello de Viveiro có fin de apoiar e difundir a literatura en lingua galega.  Será a partir das 18:00h. na bpm de Sober. 

Merendas con contos 2024/2025

 

Club de lectura Pintor de Castinande : estamos de volta

 

Festas do Carme

 Esta fin de semana celebramos  as Festas do Carme.  Un programa con propostas moi interesantes. A desfrutar !!

Lecturas no Campamento de verán. 4

As lecturas desta semana están relacionadas có deporte, un tema de actualidade grazas aos Xogos Olímpicos  que se celebran este ano en París. "Martina futbolista", de Susanna Isern e Marta Moreno  é un conto que fala de fútbol, máis tamén de compañerismo e da educación en igualdade. .Martina, a protagonista, crea un equipo igualitario e diverso, onde todos os nenos e nenas  xogan e compiten sen esquecer a diversión.   "Os Bolechas queren saber...como son so xogos olímpicos e paralímpicos de verán", de Pepe Carreiro, é un conto para primeiros lectores que aborda diferentes aspectos das olimpiadas , narradas polos protagonistas da serie Os Bolechas : Carlos , Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa.  Como remate da mañá tivemos un invitado :   o contador Anxo Moure coa súa ciclo biblioteca cargada de contos, poemas , historias e lendas.   

Lecturas no Campamento de verán. 3

  "A Greta encántalle a súa masota.  É unha nube!  Pero nunca chove a gusto de todos, e algúns veciños non están moi contentos coa nube de Greta. Co tempo, vaise facendo máis e máis pequena, ata que un día..." O conto "A nube de Greta" de David Hernández Sevillano , ilustrado por, Luisa Vera, foi a lectura escollida para unha mañá de campamento de verán. NubeOcho edita este fermoso álbum ilustrado con moitas sorpresas, amor e tamén humor. Completamos a xornada coa decoración dun mandil e gorro de cociñeira, para utilizar nun obradoiro programado na Escola de Hostelería de Rosende. 

Lecturas no Campamento de verán. 2

Esta semana durante a  visita dos nen@s á biblioteca  lemos un kamishibai , unha forma de contar historias dun xeito diferente e que ten a súa orixe en Japón.  Daniela Kulot , autora de Unha gran sorpresa, narra as aventuras de Crocodilo e Xirafa,  que atravesarán o campo, cruzarán montañas e vales, e percorrerán toda a cidade seguindo o rastro dunha misteriosa corda vermella.  O conto fora coloreado  polos nen@s das Merendas con Contos no mes de xaneiro, e foi unha oportunidade de amosar o traballo realizado  aos seus compañeiros de campamento.  Posteriormente realizouse un obradoiro de debuxo con acuarelas,  onde plasmaron as súas aventuras favoritas da  historia. O conto desta semana reflicte o protagonismo da infancia nun fogar onde os afectos e as emocións están por encima dos agasallos materiais, cunha proposta estética que se centra no colorido das escenas e a expresividade dos personaxes e que reforza o dinamismo do relato. Apro...

Lecturas no Campamento de verán. 1

  No campamento de verán organizado polo Concello de Sober, a biblioteca recibe os xoves  a visita dos nenos e nenas participantes nesta actividade. Durante a  mañá lemos  o conto elexido para esta xornada e posteriormente  temos un obradoiro : realizaron un pequeno libro -resumen da historia que escoitaron contar aos nenos máis maiores do grupo.  O primeira historia deste verán foi  : "Cando o sol marcha", escrito e ilustrado por, Alicia Acosta e Mar Ferrero. : O sol marcha polo horizonte. Agóchase, ledo, por detrás dos montes.  Familias diversas regresan ás súas casas ao rematar o día.  Os traballos realizados quedan expostos nun mural na entrada da biblioteca. Noraboa a tod@s.  Aproveitamos a mañá na biblioteca para  buscar as novidades que chegan á biblioteca este verán e renovar os  préstamos ata a próxima semana. 

Coñece o teu Concello : programación Campamento de verán

 

Bibliopiscina

 

Horario de verán

 

Recomendacións lectoras

Recomendacións lectoras para este verán 2024 realizadas dende as bibliotecas escolares e municipais do Colectivo Lemos Le.  https://view.genially.com/6670bbf2b605a6001421c204  

Maxia na Biblioteca

 

ESTRELAS, de SOLEDAD FELLOZA

  O martes 11 de xuño, ás 18:00h. contamos coa presencia de Soledad Felloza , actriz, contadora de historias, fotógrafa e dramaturga.  O seu espectáculo, chamado "ESTRELAS", está cheo  dun montón de historias baseadas na narrración oral galega.  "Estrelas "  "é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena." O CL Pintor de Castinande acolleu esta actividade de animación á lectura que está incluida no programa Ler Conta Moito. Avoa, que son as estrelas? Preguntou a nena sinalando ao ceo.  O ceo é un espello-dixo a avoa- o que ti chamas estrelas é o reflexo da fogueira pequena  que todos levamos no corazón

Mañá na biblioteca : ESTRELAS, de Soledad Felloza

 

Merendas con contos -Xuño

 Rematamos as actividades programadas para este curso cunha festa de despedida : exposición de fotografía, maxia e merenda. 

Convocatoria do Campamento de verán : Coñece o teu Concello