Filósofas, rebeldes, activistas : este libro gráfico conta a historia do feminismo no contexto euro-norteamericano desde a Antigüedad ata os nosos días. Nas súas páxinas non só se abordan as súas principais figuras, senón tamén importantes debates feministas,como, por exemplo, a igualdade de dereitos , o traballo doméstico, o amor libre , a identidade e a diferenza , ou as principais correntes no relativo ao xénero , cada un no seu respectivo contexto histórico. (Información que aparece na tapa do propio libro ) Podemos atopalo na BPM de Sober en Cómic/PAT/peq Bruce Bechdel é profesor de inglés e dirixe unha funeraria, ademais de ser pai esixente e distante de Alison. Só cando esta admite , xa na universidade, que é lesbiana, descobre que o seu pai tamén é homosexual. Este é o argumento da novela gráfica gañadora do Premio Esisner, onde Alison Bechdel transforma a súa historia familiar nunha obra de gran profundidade literaria e psicolóxica. Atopámol...