O CL Pintor de Castinande remata o primeiro trimestre deste curso coa lectura da novela La Plaza del Diamante, da escritora catalana Mercè Rodoreda Gurguí. A protagonista desta historia é Natalia, a "Colometa", unha muller coma moitas outras ás que lles tocou vivir a Guerra Civil. Verá morrer aos seus seres queridos e pasará fame e miseria. Publicada en 1962 tivo un éxito extraordinario, foi traducida ao castelán en 1965 e posteriormente ao inglés, francés, italiano , entre outros idiomas, e foi considerada a novela máis importante da posguerra. Mercè Rodoreda , nada en Barcelona en 1908, está considerada unha das escritoras de lingua catalá máis influentes da súa época. Na Fundación que leva o seu nome atopamos moita información sobre a vida e a obra desta escritora. https://www.mercerodoreda.cat/la-fundacion