Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2020

Coñece o teu Concello : A CAPITAL, BEREA-SOBER

 👧👧👦👦 Actividades campamento de verán do 28 ao 30 de xullo  ( 5ª semana e última deste verán 2020 )   ✅ Martes 28  Lectura do conto : " A CASA DA MOSCA CHOSCA", de Eva Mejuto con ilustracións de Sergio Mora : Este é un conto popular ruso que nos fala da casa dunha mosca onde hai unha torta de amoras , sete pratos , sete banquetas e sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta .   Seguindo a dinámica deste campamento de verán, os nenos e nenas participantes comezan a mañá coa lectura dun conto previamente seleccionado da biblioteca e que len entre todos e todas as asistentes.     Neste enlace podemos escoitar a canción da mosca chosca interpretada polos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober   https://www.youtube.com/watch?v=lXFgnQTawqk     Neste día tivemos pasatempos , xogando coas tablets e un obradoiro de creación de maquetas.       ✅ Mércores 29 : neste día visitamos a fábrica de pulverizadores

Coñece o teu concello : PASEO ENTRE VIÑEDOS

 👧👧👧👦👦👦 Actividades Campamento de verán do 21 ao 23 de xullo     ✅ MARTES 21  Lectura do conto " Misterio na horta " de Lawrence Schimel e ilustrado por Sara Rojo  :    Conta a historia d un rap áz chamado Xan que atopa un ba ú l duns s upostos piratas onde hab ía unha lupa e foi a buscar pistas e imaxin ou que era un detective.    ✅ Xincana na biblioteca : os nenos e as nenas participantes tiveron que superar varias probas e múltiples obstáculos para atopar o" tesouro " que se agochaba na biblioteca.      O tesouro atopado na biblioteca era un saco de terra de cultivo para utilizar no obradoiro que tiñamos preparado pra rematar esta mañá de campamento de verán.     ✅ Obradoiro de decoración de macetas   ✅ MÉRCORES 22 Neste día fixemos unha ruta de senderismo pola parroquia de Anllo Santo Estevo . Comezamos no pobo de Portizó   Neste lugar acompañounos DANIEL FERNÁNDEZ , que naceu nunha das fermosas casas deste lugar. Realizou con nós o percorrido a