Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

Día da ilustración

  O día 30 de xaneiro celebramos  o DÍA DA ILUSTRACIÓN para conmemorar o nacemento de CASTELAO. As bibliotecas galegas inclúen esta nata  no calendario do Libro e a Lectura e realizan propostas diversas con nenos/as e maiores.  Este ano 2023 será a décima edición e contará con moitas actividades adicadas á pintora galega  María Antonia Dans.  https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Antonia_Dans Na BPM de Sober durante o mes de xaneiro realizamos obradoiros de pintura e tamén actividades  relacionadas con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao , para que os cativos coñezan a este artista galego e a súa obra.  Merendas con contos , venres 27 de xaneiro do 2032. 

Coller as rendas, de Yolanda Castaño

 As Merendas con Contos deste venres 27 de xaneiro tiveron unha contadora moi especial. Estivo na biblioteca Yolanda Castaño , có seu conto "Coller as rendas". Os protagonistas deste conto : o ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha...teñen un camiño por trazar e Yolanda Castaño levou de paseo aos nenas e nenas da biblioteca acompañando a estes animalños.  "Todos estes animaliños insectos e bechos mariños, os seus amigos e veciños, teñen algo que compartir. Entre ánimos e aloumiños emprenderon os seus camiños sen ter que esperar que, antes, outros llelos tivesen que dirixir." Moitas grazas por todo, por vir ata a biblioteca de Sober e deixar asinado este fermoso libro infantil. Ata sempre.

Merendas con contos con YOLANDA CASTAÑO

  No último venres de xaneiro recibimos a visita da poeta galega Yolanda Castaño, que está a realizar unha Residencia literaria"Escrita no remoto" no Museo Pazo de Tor de Monforte de Lemos. Achegouse ata a  biblioteca de Sober para contar aos nenos e nenas das Merendas con contos o seu libro "Coller as rendas"   O ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha...son os protagonistas deste fermoso conto ilustrado por Xosé Tomás.  "A cría macho do ourizo cacho que se escondeu. "Cando me agacho detrás do sacho ninguén me atopa e aquí estou eu!" Moitas grazas Yolanda por vir ata a BPM de Sober.

Mañá na biblioteca

 

Merendas con contos en xaneiro : Mes da ilustración

  Durante o mes de xaneiro as actividades dos venres na biblioteca as adicamos a agasallar a figura de Alfonso Rodríguez CASTELAO,  con lecturas e obradoiros de debuxo . Lecturas compartidas con un fermoso conto ilustrado, para rematar con debuxos que serven para ir completando o noso Album dos contos.

Merendas con contos no Nadal