Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

O Faladoiro dos luns : BELÉN AMIGURIMI

Na entrada da biblioteca está instalado un Belén realizado  polas mulleres integrantes do Faladoiro dos Luns Este grupo, formado sobre todo por mulleres, comparte o seu tempo e moitos coñecementos todos os luns  dende hai unha década. Obradoiros e charlas son habituais os luns na biblioteca a partir das 16:30h. As figuras foron feitas con algodón seguindo a técnica amigurimi :  Amigurumi é un estilo de crochet bastante popular. A palabra é un acrónimo de dous termos xaponeses: ami , que significa tecido; e nuigurumi , ou boneco de peluche. Esta técnica adoita dar como resultados animais ou criaturas fantásticas cunha estética que podería describirse como kawaii , ou adorable. O Belén pódese visitar na bpm de Sober durante este nadal no horario habitual da biblioteca.   

Mañá na biblioteca

 

Presentación de GOTAS DE ESPERANZA

O martes día 15 de novembro  na bpm de Sober tivemos a presentación da última novela do monfortino FERNANDO HERNÁNDEZ GONZÁLEZ. Nacido no ano 1969 na capital da Ribeira Sacra, desenrola a súa actividade profesional no Barco de Valdeorras, onde traballa como Policía Local dende hai case 30 anos. É Graduado en Criminoloxía polas Universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. A súa pasión pola lectura e a escritura lévano  a publicar a súa primeira novela, JUGUETES DE LO DESCONOCIDO. No ano 2020 presentou unha nova obra GOTAS DE ESPERANZA, que debido á pandemia mundial, non tiveramos ocasión de presentar en Sober ata o de agora.  A historia que relata está ambientada en Galicia, cun especial protagonismo no nosa Comarca de Lemos. A novela ten un forte contido social, e a súa protagonista, Marga Botana, unha funcionaria dos xulgados da Coruña, vese involucrada, en situacións complicadas e que mudan o ritmo da súa vida. Podemos decir que unha obra de acción na que as redes sociais son

CL infantil Viaxando polas Letras

  Neste curso 2022/2023 comezamos unha nova andaina en colaboración có  club  de lectura da biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober. A lectura escollida é  Galegas na ciencia  de Isabel Blanco que recolle as biografías de vinte científicas galegas que lle abriron as portas a outras moitas mulleres. No blog da biblioteca do colexio atopamos información das reunións realizadas neste trimestre. https://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/2022/11/viaxando-polas-letras-1-sesion-20222023.html

Mañá na biblioteca

 

Presentación de LA PROPUESTA

O martes 8 de novembro tivemos na biblioteca de Sober a presentación da primeira edición realizada por José Martín Caravallo. Trátase dun libro de realatos que este autor titula: LA PROPUESTA, CUENTOS PARA APURADOS. De diferente temática, son historias basadas na vida deste novo autor, que ven doutro lado do Atlántico e que vive na nosa comarca dende hai tres anos. A presentación fíxoa MONCHA PRIETO, autora  de ALMA DE BARRO : RELATOS DA RIBEIRA SACRA.   Os participantes no CL Pintor de Castinande e as persoas que acuden as actividades de maiores dos martes na bpm de Sober, asistiron a esta presentación con moito interese. Ao remate o autor dedica os libros aos lectores interesados nunha nova proposta, que podemos consultar tamén na coleción da nosa biblioteca . Moita sorte Martín con esta publicación.  

Merendas con contos en novembro

  Iniciamos as actividades dos venres de novembro  coa lectura dun cómic : MIÑOCA E COELLO,  de Iván R., ilustrador e Ramón D. Veiga, autor do texto. Cómic de humor dirixido aos máis novos. Na segunda parte da tarde realizamos un obradoiro de debuxo partindo de modelos kawai, sempre ben acollidos polos nenos e nenas de Sober.

Mañá na biblioteca

 

CL- A ira dos mansos , de Manuel Esteban

  Iniciamos unha nova etapa do CL Pintor de Castinande, coa lectura da novela de Manuel Esteban , A ira dos mansos.  Premio Xerais de novela no ano 2016 na que  asistimos á invesigación realizada polo inspector Carlos Manso, a partir da aparición do cadáver dunha nena con síndrome de Down, caso que acontece no edificio Bandeira de Vigo.  Novela policíaca cun enfoque social ; unha lectura trepidante, que atrapa dende o seu comezo e que fala de inclusión, dignidade e respecto.