Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Día do libro 2020 : #Sober coa lectura

Para as bibliotecas e os seus usuarios, hai datas no ano moi especiais, e o día 23 de abril, DÍA DO LIBRO , destaca para todos e todas as lectoras coma un día , si queremos , o máis  importante : recibimos un libro de agasallo, ou dous... Realizamos unha  visita á nosa biblioteca habitual e participamos nas diferentes actividades que se programan para este día. Este ano 2020 estamos na casa, pero tamén cós nosos libros, os que levamos en préstamo, e non devolvemos ( de momento ) , cós libros da nosa propiedade e tamén cunha oferta de editoriais e autores na internet, que nos axuda a substituir o feito que a biblioteca está pechada.    Na BPM de Sober tiñamos preparadas a nosa proposta para que todos os usuarios e usuarias participáramos nas diversas actividades do mes de abril, mes dos libros. Coma esto nos foi posible trasladamos a convocatoria as casas dos lectores e aquí vos deixamos unha pequena mostra do que nos enviaron agardando poder vernos moi pronto na

Día do Libro 2020

A BPM de Sober   participa no vídeo elaborado por 31 centros de lectura galegos para conmemorar o Día Internacional do Libro , que se celebra hoxe, 23 de abril .  As persoas responsables das bibliotecas, que están pechadas por mor da pandemia da COVID-19, son as protagonistas e as caras visibles deste audiovisual, que quere mostrar que estes centros seguen a traballar e a buscar novas formas de contactar co público lector. A acción enmárcase dentro das actuacións cooperativas que está a poñer en marcha un grupo de traballo formado por 31 bibliotecas públicas municipais .  Desde que se decretou o Estado de Alarma en marzo,  abren novas canles para compartir experiencias e fomentar a participación, mesmo en tempos de confinamento.   O espírito do vídeo é amosar a proximidade do servizo bibliotecario , aínda que as bibliotecas non están abertas ao público. A ritmo da música de Guadi Galego (‘Chea de vida’) e Migallas (‘O libro máxico’) , as bibliotecarias e b

Día do libro 2020

O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro ) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril.   A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega,   fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo ,  irmá de Huayna Capaz, último emperador indio. En España neste  dia faise entrega do Premio Cervantes de Literatura , que este ano correspondeu a Joan Magarit, poeta, arquitecto e catedrático catalán.  (Fonte: Galipedia )   A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor . Este 23 de ab

Abril mes dos libros

As propostas da BPM de Sober para a segunda quincena do mes de abril O MES DOS LIBROS ,  teñen relación coa celebración do DÍA DO LIBRO     ▶ Polo Día do Libro propoñemos actividades para tod@s : nenos, nenas  e adultos.    Escribe, nun folio, o título e autor dun libro que marcou a túa vida, que foi importante para ti, que supuxo algún cambio, o que máis che gustou... Escribe o teu nome e tamén podes facer algún debuxo, comentario...Sácalle unha foto e compártea con nós no correo biblioteca@concellodesober.com ou cultura@concellodesober.com                 Fai coincidir a túa cara ou calquera outra parte do corpo coa portada dun libro. Sácalle unha foto e compártea con nós no correo biblioteca@concellodesober.com ou cultura@concellodesober.com        

Merendas con contos na casa

▶ Na segunda quincena do mes de abril as Merendas con Contos celebran o Día do Libro con lecturas virtuais a través do blog da biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober  : OS NENOS CONTAN , aquí podemos escoitar moitas historias nos  podcast de Radiuvín. ▶ Outra proposta de lectura para estes días son os vídeo contos :  https://casaslectoras.com/video-cuentos/ ▶Obradoiro de Play-cómic : unha actividade moi coñecida polos nenos e nenas que participan nas Merendas con contos dos venres na BPM de SOBER.   #QUEDA NA CASA E LE #SOBER COA LECTURA

Recomendacións lectoras : #a hora do conto

 De luns a venres ás 5 da tarde é #a hora do conto , unha iniciativa das bibliotecas municipais para estes tempos de aillamento na casa. Cada tarde, as 5, unha das bibliotecas participantes propón a lectura dun conto infantil na rede.   A BPM de Sober comparte estas lecturas no facebook do Club de Lectura Pintor de Castinande : https://www.facebook.com/clubdelectura.pintordecastinande/     Aquí vos deixamos unha selección dos publicados ata o de agora. Agardamos que os disfrutedes ¡¡¡   ✅ Un conto que nos trae unha reflexión moi propia para estes días: Non sempre se pode ter o que se quere :  https://youtu.be/caEQQ7aujHQ ✅  Un conto cheo de cores  cunha personaxe ben  divertida: Elmer si que facía brincadeiras moi boas pero Elmer tamén nos ensina a importancia de non nos esconder e ser cada unha/un como realmente é : https://youtu.be/T3u0AoA-E-s   ✅ P resentamos unha familia de ratiños moi unida: O ratiño Frederick ten unha fermosa familia, pero Freder

Recomendacións lectoras para adultos : "El jilguero"

Entre as últimas novidades en narrativa para adultos na BPM de Sober , está a novela "EL JILGUERO", de Donna Tartt. Theo Decker , un adolescente de 13 anos, ve morrer á súa nai nun atentado terrorista no museo Metropolitano de Nova York. Só, cheo de medo e co cadro "El jilguero", unha táboa holandesa do século XVII, nas súas mans o mozo penetrarase nun intenso periplo que o levará a Las Vegas e Amsterdam.  Esta é, a grandes liñas, a trama de "El  jilguero", a novela pola que a súa autora, Donna Tartt , gañou o premio Pulitzer de novela de ficción. Esta é a última novela desta autora , nada en Misisipi, que a situa na cima da lista de libros máis vendidos de The New York Times e de Amazon. 🔶Atopamos este libro nos estantes de NOVELA coa etiqueta : N/TAR/jil 

Merendas con contos na casa

Este venres nas  Merendas con Contos na casa temos unha nova proposta na que imos celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Iniciamos o mes de abril MES DOS LIBROS , cunha dinámica que repetimos nestas datas, e que consiste en coñecer a un autor e a súa obra. Para este ano tiñamos escollido as aventuras de  Harry Potter   : o nome dunha serie de sete novelas de fantasía  escritas pola británica  J. K. ROWLING     ESTE É ENTÓN A PROPOSTA PARA ESTE VENRES :   

Día Internacional do Libro Infantil

Celebramos hoxe o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL   conmemorando a data de nacemento do escritor HANS CHRISTIAN ANDERSEN. Aínda que #quedemos na casa a BPM de Sober recorda hoxe este día tan especial para os usuari@s máis novos.  Para este ano temos un cartel e uha mensaxe ben fermosa   FAME DE PALABRAS A finais do mes de abril, ou a comezos de maio, no meu país reverdecen os arbustos. Ao pouco tempo, as crisálidas das bolboretas prenden neles. Locen coma boliñas de algodón, mais as eirugas devoran folla tras folla ata que os arbustos perden o seu verde por completo. Cando as bolboretas saen das súas crisálidas botan a voar; pero malia todo, os arbustos non quedan arruinados: dentro dun ano volverán agromar, e así unha e outra vez. Esta é a imaxe dunha escritora, a imaxe dun poeta: os contos e os poemas aliméntanse deles, ríllanos, esgótanos... E cando xa están escritos, saen voando para acabaren nos libros, para aterraren nos oídos daqueles que os escoitan. E is