Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2022

Premio de animación á lectura María Moliner

  Un ano máis a BPM de Sober é unha das bibliotecas premiadas no concurso de proxectos de  animación á lectura María Moliner, convocado polo Ministerio de Cultura e Deporte para municipios de menos de 50.000hb. O concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías. Os 360 beneficiarios deste premio recibimos unha axuda por importe de 2.777,77€ destinados á compra de libros. No seguinte enlace temos o listado de premiados por CCAA neste ano 2022 :  https://forum.wordreference.com/threads/la-leche-se-cort%C3%B3.1992537/ Este premio é para todos os usuari@s da bpm de Sober. Grazas a vós e a vosa implicación  podemos levar a cabo o proxecto de animación á lectura que presentamos neste certame.  #sober coa lectura #sobercoacultura #merendascon contos #clubdelecturapintordecastinand

Coñece o teu concello : campamento de verán

 Entre os días 4 de xullo e  durante cinco semanas , ata o 4 de agosto, realizamos  o campamento de verán para nenos e nenas entre os catro e os doce anos, que chega xa a súa 6ªedición. As actividades teñen lugar de luns a xoves entre as 10:30 e as 13:30. Na presente edición destacamos as actividades de iniciación a diferentes deportes, excursións e visitas a lugares do concello de Sober e coma sempre as visitas semanais á biblioteca, para coñecer as novas lecturas incorporadas a nosa colección infantil-xuvenil, facer novos soci@s e facer préstamos aos interesados en levar lecturas para a súa casa.  Durante este tempo de verán a excursión ata o río Sil  desperta sempre expectación e balbordo entre os pequenos participantes.  Na visita á Casa da Fonte, guiada polo titular da explotación gandeira, Xosé García Freire, contounos a composición do rabaño actual enfocado sobre todo á producción  do leite e  derivados : queixo, iogures...