Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Presentación do libro : OU AS DÚAS ESTAREDES MORTAS, de Xosé M. Eyré

 

Obradoiro de ilustración

 

Calendario do Libro e a Lectura

 

CL-Retrato de casada

  A volta das vacacións de nadal, o CL retoma as reunións dos martes coa lectura e comentarios sobre a novela "Retrato de casada, de Maggie O'Farrell.  A autora toma unha figura histórica pouco coñecida, Lucrezia de Médici, e imaxina a súa historia desde a perspectiva dunha nena que non chegou a cumprir 16 anos, pois morreu de tuberculose.  O libro comeza cun momento dramático, no que a parella formada por Lucrecia e o Duque de Ferrara , xa casados, se traslada a unha fortaleza  afastada da corte onde Lucrezia ten a certeza de que o seu marido vai asasinala.  A trama do libro da un salto atrás e lévanos ao momento da xestación da protagonista,para ir relatando a súa infancia xunto a súa familia, o seu pai, o poderoso Cosme de Médici, e a sua nai a española Leonor Álvarez de Toledo , filla do Virrei de Nápoles.  Unha estupenda recreación ficcionada da vida de Lucrezia de Médici na Italia de mediados do século XVI. A autora Maggie O'Farrel  é unha escritora británica natu

Merendas con contos

 Comezamos o ano novo coa actividade de animación á lectura para os mais novos.  O mes de xaneiro traballamos coa ilustración: lecturas, obradoiros , puntos de interese sobre pintura; un recordo a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao , intelectual galego, que destacou tamén como debuxante , chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.

Premios certames de Nadal

CERTAME DE POSTAIS  Cat. A, ata 8 anos :   1º AROA VIVIRIDO LÓPEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LEONOR MOLINA RIVAS Cat. B, de 9 a 11 anos 1º ADA CASTRO LÓPEZ 2º CARLA RODRÍGUEZ PÉREZ Premio á participación : RESIDENCIA NOSA SEÑORA DO CARME                                         CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE POESÍA Cat. A, ata 8 anos : 1º LEONOR MOLINA RIVAS CERTAME DE BELÉNS Cat. Infantil 1º ADRIANA E ALEJANDRA GONZÁLEZ DE LA TORRE 2º ESTRELA E NOÉ CAMPOS VÁZQUEZ Cat. Adultos 1º FALADOIRO DOS LUNS 2º CASA DOS ARCOS 3º RESIDENCIA NOSA SEÑORA DO CARME DECORACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS 1º MOBLES MAYMA 2º SOLPOR 3º ANDITEL NORABOA A TODOS OS PREMIADOS  E GRAZAS A TODAS POR PATICIPAR.

CANTOS DE REIS

  Unha tarde clásica no programa de nadal de Sober.  Panxoliñas e entrega de premios aos ganadores dos certames convocados nestas datas. Ás 18h. no Centro Sociocultural