Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

CL- Los mares de la canela

  Rematamos o primeiro trimestre deste ano coa lectura da novela  Los mares de la canela, de Pilar Méndez Jiménez. A finais do século XIX Elba e o seu irmán Peruxo vense obrigados a fuxir da súa aldea galega e realizar unha larguísima travesía cara as Filipinas . Galicia, Filipinas e a illa de Kulangsu, son os tres lugares onde se desenvolve esta novela, na que coñecemos a sociedade rural das nosas aldeas dentro dunha trama chea de aventuras, descubrimentos e amores na Filipinas colonial e na China imperial . A autora, Pilar Méndez  naceu en Madrid e dende nena sentiu interese polos idiomas. Na súa adolescencia percorreu Europa e máis tarde estudiou Dereito. Ingresa na carreira Diplomática española, traballando entre Puerto Príncipe, Tokio, Miami , Singapur... Los mares de la canela é a súa primeira novela. 

CL infantil Viaxando polas Letras

  A  lectura que realizamos no mes de marzo en colaboración có CL do colexio de Sober, é o poemario "Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro.  Nos poemas deste libro  escoitamos o vento cando atravesa diferentes lugares : o mar, o bosque... Son ventos falangueiros, mentireiros, ventos de soños e ventos magos.  O libro está ilustrado por   María Lires, que en palabras do propio autor fai un traballo que encaixa perfectamente cós poemas porque teñen "moita vida" e "manexa a cor dun xeito maxistral ". Coa lectura deste poemario os neno e nenas participantes neste cl introdúcense na lectura de poemas, despois de ler cómic, narrativa e tamén teatro. A promoción da lectura entre os maís novos é un dos obxectivos deste tipo de actividade, ao mesmo tempo que melloran a expresividade e exercitan a memoria.  Voltamos despois das vacacións de semana santa.

Feira do viño de Amandi

 Esta fin de semana celebramos a Festa do Viño de Amandi. No seguinte enlace atopamos o programa e a información necesaria para visitar e disfrutar nesta feira da Ribeira Sacra. : AMANDI

DIA da POESÍA

 

Charla informativa

O IV Ciclo Universitario da USC é o programa de formación específico para alumnos e alumnas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel educativo previo, para dar resposta á crecente formación que existe en Galicia entre persoas de idade avanzada. O próximo mércores ás seis da tarde estará en Sober un experto en alimentación , nutrición e dietética, que falará da importancia dunha boa alimentación das persoas tanto na sáude e tamén na enfermidade. O mércores ás 18:00h. no Centro Sociocultural

Mañá na biblioteca

 

Mañá na biblioteca

 

Presentacións literarias

  O martes 7 de marzo o CL Pintor de Castinande acolleu a presentación do poemario RUXE RUXE ,  da escritora R OSA GARCÍA MACHADO. Estructurado en tres partes con temas diferentes : o amor, a natureza e as emocións , está cheo de boa poesía que percorre moitos camiños e que nos invita a pasear con ela no seu pecorrido literario.  Este encontro tivo lugar na biblioteca de Sober, grazas a PAULA VÁZQUEZ VERAO, propietaria da Libraría da Proencia, que se puxo en contacto con nós para realizar a presentación. Moitas grazas por contar coa biblioteca municipal  para este evento. Os comoñentes do CL Pintor de Castinande recibiron a autora e escoitaron varios poemas recitados por ela mesma e outros persoas asistentes ao acto.  Rematamos coa autora asinando exemplares da súa obra. 

CL- Azucre, de Bibiana Candia

 Para o mes de febreiro a lectura escollida no noso CL foi esta novela de Bibiana Candia ( A Coruña, 1977 ) . Azucre é un relato novelado da auténtica historia de mil setecentos mozos que viaxaron a Cuba para traballar e terminaron vendidos como escravos.  Esta acción foi realizada por Urbano Feijóo de Sotomayor, un galego afincado na illa que, aproveitando a situación de necesidade dos seus compatriotas, promoveu unha campaña de colonización branca e substitución da man de obra levada desde África. En Galicia, ano 1853, un inverno chuvioso destroza colleitas e unha epidemia de cólera fai estragos entre a poboación. Orestes, O Tísico, o Rañeta, O Comido, e moitos outros mozos, desexan un futuro mellor para as súas familias, deciden abandonar os seus fogares e partir  rumbo a Cuba, para traballar nas plantacións da cana de azucre. Esa viaxe tenlle reservados moitos calvarios no seu destino e que conoceremos polas  cartas que os protagonistas da historia conseguen facer chegar as súas fa

Mañá na biblioteca