Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

Horario de verán

 

Narración oral con Carmen Conde

O martes 21 de xuño, na biblioteca de Sober , as persoas maiores que participan nas actividades programadas nesta biblioteca , disfrutaron dunha tarde de contos con  Carmen Conde :  narradora oral que traballa  o maxín, o descurso propio, a creación de mundos e algo fundamental: a escoita.  Esta actividade forma parte do Programa de dinamización lectora para bibliotecas públicas no que colaboran a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Sober. Rematamos neste día a programación para os maiores que o Concello de Sober programa na biblioteca. Grazas a tod@s por asistir e vémonos moi pronto.

Recomendacións lectoras

  Coma todos os veráns o COLECTIVO LEMOS LE ,  bibliotecas municipais e as dos centros de ensino da Comarca Terra de Lemos, elaboramos as nosas suxerencias de lectura para todas as idades. n . 👀Aquí deixamos o enlace no que podedes ver e tamén descargar as recomendacións para este verán 📚:    http://lemosle.blogspot.com/2022/06/recomendacions-lectoras-veran-2022.html  

CL infantil Viaxando polas Letras

  Para rematar as sesións deste curso  no CL infantil do Colexio de Sober, a lectura escollida foi este libro de Teresa Benéitez , ilustrado por Flavia Zorrilla.  O libro relata dunha forma rigorosa e entretida as peripecias que tiveron algúns dos principais produtos da alimentación humana: o trigo, o arroz, o millo, a pataca... Alimentos que foron levados a América e tamén os que trouxeron dese continente despois das expedicións dos países europeos.  Como actividades complementaria á lectura, fixemos unha visita a Escola de Hostelería de Rosende, Sober, onde David Cidre e os seus alumnos ensinaron aos nenos e nenas a elaboración de ricas galletas.  Moitas gracias por recibirnos e atendernos tan ben.

Premios Certame das Letras Galegas

 Na biblioteca de Sober entregáronse os premios aos gañadores do Certame de Debuxo convocado pola Biblioteca de Lugo para o Día das Letras Galegas.   Na categoría A , ata 8 anos :  1º ADA CASTRO LÓPEZ  2º ANTÍA GAGO FERNÁNDEZ 3º SAÚL RODRÍGUEZ VIVIRIDO  Tivemos dous accésit :  CARLOTA FERNÁNDEZ SAÁ CANDELA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ     Na categoría B, de 9 a 11 anos 1º LIBERTAD FERNÁNDEZ PIÑEIRO 2º LUCÍA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ Categoría C, de 12 a 16 anos 1º PILAR VENCE ÁLVAREZ O Alcalde de Sober, Luís Fdez. Guitián, fixo entrega dos diplomas e tamén dos agasallos a todos os participantes. NORABOA A SAÚL E  A TODAS AS NENAS E MOITA SORTE NA FASE PROVINCIAL DESTE CERTAME.

Mañá na biblioteca :

" Un quilo de fariña, unha presada de sal, un chorro de pintura e unha historia son os ingredientes necesarios para realizar “Coas mans na masa”. Baseándonos no álbum “Maruxa”, coñeceremos todos os segredos para preparar un bo pan. Pero nesta ocasión a masa que prepararemos non será para ir ao forno, servirá para dar forma aos personaxes e crear novas escenas do conto"