Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2018

Novidades no catálogo : infantil-xuvenil

    Unha nova colección chega  á biblioteca : PENNY BERRY ,    unha serie  que combina fantasía e valores, protagonizados por unha nena aprendiz de maga.  Resumo : PENNY BERRY   está a piques de coller un tren que a levará a coñecer a súa avoa Octavia. O que non sabe é que na mansión da avoa agochánse moitos segredos, que pertenceron a súa familia dende hai séculos. Porque os BERRY  son unha saga de magos que protexeron as fragas de Escocia dende tempos inmemoriais. Agora estes bosques están en perigo. O poder do innominábel chegou ata alí para matar as súas criaturas.  Mais, qué pode facer ela para combatelo ? Seica o importante sexa descobrir quén é de verdade PENNY BERRY.

Novidades adultos

Editado pola Deputación da Coruña, este libro de CRISTINA LÓPEZ VILLAR recolle a incursión das mulleres galegas no deporte.  Nesta obra atopamos a práctica feminina de deportes coma o ciclismo, remo, hockey e automovilismo. Está dividida en seis capítulos e percorre a participación das mulleres no deporte galego dende finais do século XIX. Destaca tamén o estudo de clubs e asociacións deportivas pioneiras no noso país. Podemos atopalo na  biblioteca de Sober  en  NOVIDADES

Bibliopiscina

A maneira que ten a biblioteca de sair do seu espazo habitual e chegar aos cidadáns é a través da extensión bibliotecaria. A BIBLIOPISCINA é unha das moitas maneiras que teñen as bibliotecas de dar un mellor servizo aos lectores durante o verán , e tamén facer visibles os libros fóra da biblioteca. Así o s libros están presentes tamén nos lugares onde a poboación acode a bañarse e pasar as tardes de verán . Na piscinas municipais de Sober temos unha selección de libros, que atoparedes nunha casiña de madeira ubicada na entrada do recinto .

COÑECE O TEU CONCELLO 2018

Por segundo ano consecutivo a biblioteca participa nas actividades de verán  programadas polo Concello de Sober para os máis novos e que se realizan durante as mañás dos martes, mércores e xoves  do  mes  de xullo no Centro Sociocultural . A Biblioteca Municipal correspóndelle, como non, facer os obradoiros de animación á lectura  : invitamos aos nosos nen@s a escoitar contos con kamishibai , a ler e tamén a buscar información , nos libros e en internet.  Intentamos así facer novos lectores e lectoras , nun  espazo onde estamos rodeados de libros pero tamén dos novos soportes de lectura  (  dixitais e audiovisuais A prensa local informa da actividade que se está a facer este verán na biblioteca de Sober.