Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

Día do Libro Infantil

 O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.       Selecionouse esta data xa que é a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen q ue foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo: O parrulo feo, Pulgariña, O soldadiño de chumbo, a Sereíña...   Na biblioteca de Sober  realizamos lecturas dos seus contos e tamén un obradoiro de flores e libros de papel : LETRAS ENTRE FLORES  en colaboración coas persoas maiores do Eirado das Letras. Aquí deixamos unha mostra dunha fermosa tarde.   Tamén mostramos as novas adquisicións da biblioteca para os cativos :  NOVIDADES NO CATÁLOGO  

CL - La tribuna, de Emilia Pardo Bazán

  Una lectura clásica foi a escollida no primeiro trimestre do ano polas integrantes do noso CL. A autora, Emilia Pardo Bazán, definiu LA TRIBUNA , como un estudo de costumes locais. Narra a historia de Amparo, unha humilde cigarrera de Marineda ( cidade que se identifica con A Coruña ) , que mobiliza ás súas compañeiras da fábrica onde traballan para esixir mellores condicións laborais.   A Tribuna publícase en 1883. É a terceira novela da autora galega e a primeira de estética naturalista. Segundo este movemento , a novela é un estudo social, psicolóxico e histórico que aplica as técnicas de observación e análise propias da ciencia para lograr un reflexo máis exacto da realidade. No ano 2021 celebrouse  o centenario do falecemento dunha das nosas grandes figuras literarias, Emilia Pardo Bazán , feminista comprometida e gran defensora os dereitos da muller tanto nas súas actuacións públicas como nas obras, nas que tamén apoia a súa instrución educativa. O CL Pintor de Cast

CL infantil Viaxando pola Letras

 Rematamos o primeiro trimestre do ano no  club de lectura do colexio de Sober  coa lectura dunha obra de teatro infantil "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" de Carlos Casares.   Con esta obra teatral tan divertida da nosa literatura, Carlos Casares recibiu o premio "Concurso de teatro infantil galego” convocado pola Agrupación Cultural “O Facho”      Aínda que en principio parece un libro doado de ler, quixemos escollelo para que xs membros do club lean libros de todos os xénero literarios; e o teatro é o xénero que, segundo as enquisas iniciais que lles fixemos, menos len.  Se queremos máis información sobre esta actividade podemos consultar o blog da biblioteca escolar, alí tamén atopamps imaxes das diferentes sesións realizadas dende o mes de outubro ata abril http://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/ Vémonos despois das vacacións !!