Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2021

Boas festas

  Xa estamos en Nadal, xa temos 28 anos. O equipo de traballo da BPM de Sober agradece a todos os seus usuari@s a implicación incondicional, o compromiso que demostrades có noso proxecto lector, facendo da nosa biblioteca un lugar para estar, aprender e compartir. BOAS FESTAS.

Nadal para todos

  O día 23 pola mañá os nenos e as nenas de Sober realizarán un obradoiro de cociña na Escola de Hostelería de Rosende. E xa pola tarde o músico, compositor e produtor coruñés, Fran Amilofrecerá un concerto de poemas con música dirixidos a toda a familia. Un día especial. Non o perdades¡¡

Recomendacións lectoras de inverno

 Aquí vos deixamos unhas suxerencias de lectura para todas as idades, que un ano máis elaboramos dende o Colectivo Lemos Le, có fin de facilitar ou dar pequenas ideas para agasallar e ler nestas datas de inverno. Agardamos que vos sexan de utilidade. http://lemosle.blogspot.com/2021/12/recomendacions-lectoras-nadal-2021.html

Exposición fotográfica : MIRADAS

 O venres 14 de decembro quedaron expostas na biblioteca un conxunto de 20 fotografías realizadas por Javier Álvarez Carnero , veciño de Anllo e un gran e excelente afeccionado á fotografía de paisaxe, que amosan aspectos paisaxísticos relevantes do noso Concello. Será unha exposición permanente na biblioteca, pola que damos as grazas ao autor por permitirnos expoñer as imaxes que con tanto agarimo retrata. Os primeiros visitantes foron os nenos e nenas que participan nas actividades dos venres na biblioteca. Dende o 17 de decembro na Biblioteca Pública Municipal

O Eirado das Letras : outubro-decembro 2021

 Na segunda quincena do mes de outubro comezan as actividades de animación á lectura dirixidas aos usuarios adultos da nosa biblioteca.  As reunións semanais teñen lugar os martes a partir das 18:00h. , repartindo este  tempo entre a lectura en voz alta que se fai todos os martes ( espazo do Club de lectura Pintor de Castinande)  e outras seccións que van mudando todas as semanas,  as denominadas  : historia de vida, historia das cancións, mundo dixital e estimulación cognitiva.   O día 19 de outubro iniciamos a lectura en voz alta   con  "Alma de barro" de Moncha Prieto, integrante do CL Pintor de Castinande. No último trimestre do ano 2021 lemos a maior parte dos relatos que conforman este libro, analizados e debatidas coa propia autora . Lemos "Sardiñas fritidas ", "Vitoriano e Amelia", "Un anaquiño de ceo", "As capadoras", "Longa espera"... Na primeira reunión estivo con nós Alberto Fernández, colaborador da Biblioteca P

Merendas con contos en decembro

 

Mañá na biblioteca

Mañá, venres 26 de novembro, lectura e obradoiro a partir do libro :  " Daniela e as mozas piratas " de Susanna Isern e ilustrado por Ana Gómez.  

Os venres na biblioteca

 

Día das escritoras : OLGA NOVO

 Para celebrar o Día das Escritoras o Colectivo Lemos Le, no que está integrado a BPM de Sober, realizou un traballo para coñecer unha parte da obra de Olga Novo, a quen adicamos este celebración. Agardamos sexa do voso agrado. http://lemosle.blogspot.com/2021/11/dia-das-escritoras-2021-olga-novo.html

Mañá na biblioteca

 

Presentacións literarias

 No mes de outubro a Bpm de Sober participa na presentación de dúas novelas realizadas por dúas autoras que teñen moito que dicir do noso Concello. Eleonor Gil presenta "La hora de las golondrinas", acompañada polo Alcalde de Sober, Luís Fdez. Guitián, e un bo número de veciños que se achegaron ata biblioteca para escoitar a esta autora con vínculos familiares na parroquia de Anllo.   Entrevista coa autora realizada no xornal La Voz de Galicia.   Para Moncha Prieto "Alma de barro : relatos da Ribeira Sacra ", é a súa primeira obra, despois de anos escribindo , polo que a presentación en Sober foi moi emotiva e tamén moi participativa. Acompañaron a Moncha , o Alcalde, Luís Fez Guitián, o editor, Fran Alonso e o radiofonista J. Luís Osorio, que actuou como moderador. Entrevista coa autora no xornal El Progreso   Dúas novas obras que xa están no noso catálogo listas para préstamo. 

Mañá na biblioteca

 

Premio de animación á lectura María Moliner

 Hoxe recibimos a comunicación da concesión do premio María Moliner 2021 de animación á lectura. Satisfeit@s e moi orgullosos da nosa biblioteca e sobre todo dos seus lectores, usuarios e participantes moi activos en todas as propostas que facemos ao longo do ano. Gracias, moitas gracias. Un premio adicado a todos e todas ¡¡¡¡

Mañá na biblioteca : Merendas con contos

 

Novidades no catálogo

 

Club de lectura no CEIP Virxe do Carme

  A partir da proposta realizada por Flora Grande, mestra do colexio de Sober, para a realización dun club de lectura durante o curso 2021/2022, a BPM de Sober e a biblioteca escolar continuan coa colaboración habitual no fomento da lectura , neste caso coa creación dun CL para alumnos de 5º e 6º de Primaria.  A primeira reunión tivo lugar o día 22 de outubro , no que presentamos este proxecto  ao alumnado e repartiuse a primeira das lecturas  : Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas. Fixemos tamén unhas enquisas para saber maís sobre os hábitos lectores dos nenos e nenas participantes neste club.  

Mañá na biblioteca : Merendas con contos

  O venres 22 de outubro comeza unha nova etapa. Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA.

Sublime naif : Exposición de pintura de Miguel Tierra Rodríguez

  Exposición de pintura de MIGUEL TIERRA RODRÍGUEZ Na BPM de Sober ata o día 30 de novembro

Celebramos o mes da biblioteca

 Durante o mes de outubro a BPM de Sober programa unha serie de actos có fin de celebrar o Día da Biblioteca.  As actividades que presentamos  este ano son as seguintes :  📕 Presentacións das novelas :   "Alma de barro : relatos da Ribeira Sacra" , de Moncha Prieto o día 15 de outubro ás 19:00h.  "La hora de las golondrinas " , de Eleonor Gil o día 23 de outubro ás 12:00h.  📕Programa de animación á lectura Merendas con contos : "Un día para celebrar" con lecturas e obradoiro.   22 de outubro ás 16:30h. 📕 Programa de animación á lectura O Eirado das Letras : inicio das actividades.  19 de outubro ás 18:00h.   Colaboracións : CEIP Plurilingüe Virxe do Carme : creación  dun  Club de lectura na escola.  22 de outubro.                             Colectivo Lemos Le : celebración conxunta  do Día das Escritoras e Día da Biblioteca. 18 e 24 de outubro.                                  

Presentación de ALMA DE BARRO : RELATOS DA RIBEIRA SACRA, de Moncha Prieto

 O próximo venres 15 de outubro terá lugar a presentación da primeira obra escrita por Moncha Prieto.  A autora, natural de Saá , Gundivós-Sober recolle historias da nosa comarca.  O acto terá lugar no salón de actos do Centro Sociocultural de Sober ás 19:00h. Xunto coa a autora do libro estará Luis Fernández Guitián, Alcalde de Sober, Francisco Alonso Villaverde, Director Editorial de Edicións Xerais de Galicia e actuando como moderador o radiofonista J. Luis Osorio. Haberá un acompañamento musical a cargo do grupo Os Parentes .

O Eirado das Letras : programa de animación sociocultural para maiores

 Abrimos hoxe a inscrición no programa de animación sociocultural : O Eirado das Letras. Dirixido a persoas maiores de 55 anos coa idea de continuar coa actividade do Club de Lectura Pintor de Castinande, formado no ano 2007 ,  sumando novos retos e desafíos , como a estimulación cognitiva, aprendizaxe e contacto có mundo dixital, actividades lúdicas ou excursións... Trátase de crear un espazo de encontro, participación  e intercambio de opinións e experiencias na biblioteca.   ⌛Prazo de inscrición : dende o 4 ata o 13 de outubro.    📢Comezamos o día 19 coa lectura de ALMA DE BARRO, de MONCHA PRIETO.

Merendas con contos 2021-2022

Abrimos o prazo de inscrición para participar na nova tempada do  Programa de animación á lectura "Merendas con contos" Temos toda a información na sede electrónica do Concello de Sober e na propia biblioteca : ☎982460414   https://concellodesober.sedelectronica.gal/info.0 http://www.concellodesober.com/amplia.php?id=872        

Mostra bibliográfica infantil

 Na BPM de Sober fixemos  unha selección de lecturas para os máis pequenos, relacionadas coa volta á escola.  Unha forma estupenda de comenzar un novo curso é coa lectura de historias divertidas e entretidas, que nos fagan pasar un rato agradable. Agardamos que sexan do voso agrado. 

Novidades infantil-xuvenil

 Álbums ilustrados para os cativos  con historias da vida cotián :  #ser a máis pequena é unha desvantaxe? #a pérdida e o loito #John Lennon

Novo horario

 

Coñece o teu concello : A BEREA

✅A proposta de actividades  nesta última semana do campamento da biblioteca estivo centrada no xogo a partir do libro  "Bo camiño peregrino " , unha proposta para percorrer o camiño francés a Compostela, con xogos e diversas probas de habilidade que os nenos e nenas tiveron que realizar para superar as etapas do camiño e acadar a Compostelana, xa en Santiago.  ✅Rematamos o día 5 de agosto  unha nova edición do campamento de verán "Coñece o teu concello". Este último día aprendimos a importancia de protexernos dos efectos do sol, principalmente agora no tempo de verán ; Arantxa Vidal, da Asociación do cancro de Lugo, falounos das mellores formas de disfrutar do bo tempo, sempre con moito coidado, evitando excesos e utilizando protección adecuada. Grazas a Arantxa por vir a Sober.  Foron cinco semanas  con xogos , lecturas e visitas a lugares próximos, para coñecer un pouco mellor o territorio no que vivimos.  Esta mañá , Luis Fdez. Guitián, o alcalde, acompañounos na

Coñece o teu concello : O SIL

  Obradoiro de narración oral con Carmen Conde, de Tarabela Creativa. Guiada polo espírito de Rodari, percorre Galicia ensinando  a través do xogo ás nenas e ós nenos a contar o que lles preste inventar. Traballa a expresión oral, o maxín, o discurso propio, a creación de mundos e algo fundamental: a escoita. Chegou a Sober no programa de animación á lectura Ler Conta moito. ✅ Para rematar o mes de xullo desplazámonos ata o emabarcadoiro Ponte do Sil, para navegar polo río remando nos kayak que xestiona a empresa @boralaventuras. ✅Obradoiro de arquitectura para nenos e nenas : Obradoiro de arquitectura con Ana e África de @tallerabierto. Os nenos e nenas participantes elaboraron duas  maquetas da praza de Sober, que previamente observaron e debuxaron nos seus cadernos. Estes pequenos arquitectos coñeceron os principios básicos que leva acabo un arquitecto, cunha aproximación atenta e detida ao seu contorno. Un estudio das casas e construccións máis singulares, así como dos materiai