Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Museo Clarisa Monforte

O CL celebra o Día dos Museos

 O mércores 18 de maio o Club de Lectura da biblioteca de Sober visita o Museo de Arte Sacro das Clarisas de  Monforte de Lemos. Nesta data celébrase  o Día Internacional dos Museos,que este ano ten como lema " O poder dos museos " :  os museos son lugares de descubrimento capaces de mostrar o pasado e de abrir as mentes cara ao futuro. Teñen o poder de transformar o mundo . A exposición alberga a colección máis importante de arte italiana do primeiro terzo do século XVII que hai en Galicia.  Consta de seis salas onde  se mostran magníficas pezas de pintura, escultura, pratería, marfiles e  téxtiles, adquiridas polos Condes durante a súa estancia en Nápoles .  Entre as pezas máis destacadas están as esculturas do taller de Gregorio Fernández,  do século XVII , como é o caso do Cristo Yacente en urna procesional, e dúas inmaculadas. Especial relevancia teñen tamén as pezas de ourivaría do Renacemento italiano do século XVII , así...