Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Merendas con contos - Abril

 

Abril : MES DOS LIBROS

 Dende a Bliblioteca Municipal de Sober, no mes de abril, para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril), levaranse a cabo unha serie de propostas que se realizarán para público infantil e adulto que acoden ao Club de Lectura Pintor de Castinande e ás Merendas con Contos. 📜 A actividade principal será “AS BIOGRAFÍAS DA BIBLIOTECA: @EL HEMATOCRÍTICO”. Escribimos unha biografía de Miguel López (A Coruña, 1976 – Vigo, 2023), mestre de profesión, aínda que destacou polo seu labor como autor de libros infantís. 📅 Os nenos e as nenas de Merendas con Contos farán a presentación deste traballo, o día 19 de abril. Invitamos a todas as persoas interesadas en coñecer e profundizar na figura deste escritor galego. 📙 O Día do Libro (23 de abril) o Club de Lectura realiza unha visita a Celanova para coñecer a Fundación Curros Enríquez. 📘O día 24, todas as persoas que acudan o Centro Sociocultural de Sober, poden levar como agasallo un libro. 📗 Para

Abril : MES DOS LIBROS

                   Como homenaxe ao escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o 2 de abril, aniversario do seu nacemento, o  Día Internacional do Libro Infantil .  Esta efeméride promovida polo   IBBY , a nivel internacional, e polas seccións  que a integran, ten como obxectivo promover a lectura entre os máis pequenos e fomentar o amor pola lectura desde unha idade temperá. Os libros non só son unha fonte de entretemento, senón tamén unha poderosa ferramenta para educar, inspirar e enriquecer a vida da xente nova. Ademais, a lectura fomenta a creatividade, a imaxinación e o pensamento crítico, habilidades fundamentais para o seu desenvolvemento cognitivo e emocional. (FONTE :  http://www.galix.org/2024/04/feliz-dia-do-libro-infantil.html