Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Campamento de verán : Coñece o teu concello

 

CL infantil Viaxando Polas Letras

  Durante o  mes de maio as actividades do CL do Colexio de Sober, có que a biblioteca pública colabora , foron adicadas a coñecer a vida e obra de : FRANCISCO FERNÁNDEZ D:EL RIEGO , creador homenaxeado nas Letras Galegas do ano 2023. A partir da obra teatral escrita por Eva Mejuto , e incluída na páxina  https://primaveradasletras.gal/ , os nenos e nenas que participan neste CL infantil, desenvolveron a lectura deste texto teatral , achegándose así a un xénero literario como é o teatro, que non adoitamos a tratalo con asiduidade  e comprabar que o teatro tamén se le. A lectura aportounos coñecementos sobre Fernández del Riego coma a súa vinculación coa Editorial Galaxia, e a revista Grial, das cales foi fundador. Un dato que non sabíamos era que Francisco Fernández del Riego foi o que propuxo a celebración do Día das Letras Galegas para conmemorar a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro,  que se celebra en Galicia todos os 17 de maio  dende o ano 1963.

Mañá na biblioteca

 

Formación para os maiores

 O Concello de Sober e a USC colaboran na proposta denominada Camiños de coñecemento e experiencia , unha formación universitaria para maiores de 50 anos. Foron tres seminarios de temática diversa : saúde alimentaria, xeografía próxima e historia dos museos. Cada un deles consta dunha sesión teórica e unha práctica, ademáis dunha saída, que este ano realizamos a Lugo, visitando o Museo provincial.  Cunha metodoloxía participativa e aberta os docentes universitarios difunden o coñecemento á poboación maior de 50 anos que previamente realiza a súa inscrición e que recibe diploma acreditativo da súa participación. 

Mañá na biblioteca

 

Mañá na biblioteca

 

Certame Letras Galegas 2023

  Está aberto o prazo para presentar os traballos para o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2023. BASES 1. Poden participar todos os nenos e nenas sobre o tema "Libros para xogar, libros para vivir " en dúas modalidades :  A) Narracións , en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. B) Debuxos , feitos sobre papel o cartolina tamaño DIN A. 2. Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man. Cada traballo acompañarase dunha folla cós datos do autor.  3. Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.  4. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 16 de maio debendo ser entregados na biblioteca municipal. 5. Os traballos premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Bilioteca Pública de Lugo.