Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

Mañá na biblioteca: Laboratorio de debuxo e creatividade II

  O venres 28 de xaneiro Doa Ocampo Álvarez realizará a segunda xornada do seu obradoiro de debuxo. Será na bpm de Sober a partir das 16:30 #merendas con contos #díadailustración

Encontro coa autora : Eleonor Gil

  As participantes no programa de animación sociocultural  para maiores, O Eirado das Letras, reuníronse o martes 25 de xaneiro para realizar unha videoconferencia coa escritora Eleonor Gil, autora da novela "La hora de las golondrinas"   A trama : Alicia, a protagonista, descubre o que aconteceu setenta anos atrás nunha aldea de Galicia, concretamente en Hortás (Sober)  ;  é unha fermosa historia de amor entre Rosa, una moza de Vila de Cruces e Albretch, un piloto alemán que chega a Galicia na procura de wolframio. A autora : Eleonor Gil nace en Madrid, na primavera do ano 1.972.  Exerceu durante anos traballos administrativos, e despois de auxiliar de óptica ; con todo as súas dúas grandes paixóns sempre foron, ademais de viaxar, a música e a literatura.  Escribe por afección e por pura paixón. En 2017 publicou a súa primeira novela “Pegadas”, “A hora das andoriñas” é a súa segunda novela e recentemente publica a terceira,  "Huellas".

Mañá na biblioteca : a ilustración con Doa Ocampo Álvarez

 Mañá venres retomamos as Merendas con Contos despois das datas festivas do Nadal. Neste mes de xaneiro celebramos o día da Ilustración, data que fai  homenaxe a Afonso R. Castelao , que nace en Rianxo un 30 de xaneiro do ano 1886. ✅Os dous próximos venres, os días 21 e 28, teremos o  obradoiro : Laboratorio de debuxo e creatividade, impartido pola artista plástica Doa Ocampo Álvarez.  📚As lecturas destes días son dous contos kamishibai : "El soldadito de plomo "e "A xoaniña e o piñeiro".  Traballo realizado por Doaoa na      praza do Toural en Sober.

Exposición de fotografía : BELLA

 A autora deste pequena mostra , seis fotografías en branco e negro , é LUCÍA VÁZQUEZ, estudante de Imaxe e afeccionada a retratar o mundo que a rodea.  Nas súas propias verbas : "Con Bella quixen provocar a quen a contemple un pracer sensorial, intelectual e espiritual. A pel é o órgano máis grande do ser humano, eso implica que é o maior receptor do que dispoñemos. Gústame pensar que a pel representa o ceo e que as contelacións están formadas por cada pequena marca". Fotos expostas dende hoxe na biblioteca de Sober.

Certames de Nadal 2021 : postais e poesías

  Mostramos nesta entrada do blog as postais e poesías presentadas no Certame de Nadal deste ano. Grazas a nenos, nenas e maiores por participar . Grazas tamén ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme por participar coas súas creacións realizadas polos  alumnos dos distintos  cursos deste  colexio de Sober . Moitas grazas a todos.  Premiadas no certame de postais Categoría A, ata 8 anos 1º ADA CASTRO LÓPEZ 2º SAÚL RODRÍGUEZ VIVIRIDO 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Categoría B, de 9 a 11 anos 1º MENCÍA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ   Premiadas no certame de poesía , fase local. Categoría A, ata 8 anos 1º LEONOR MOLINA RIVAS 2º CANDELA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ Categoría B, de 9 a 11 anos 1º MENCÍA FERNÁNDEZ RODRIGUEZ  As tres poesías premiadas participan na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo, xunto coas  poesías procedentes das bibliotecas municipais da nosa provincia. Moita sorte.     O martes día 4 de xaneiro, o Alcalde de Sober, Luís Fdez. Guitián fixo entrega dos agasallos a