Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Horario de verán

IV Campamento de verán : Coñece o teu CONCELLO

Ábrese o prazo para as inscricións nas actividades para nenos e nenas  entre 4 e 12 anos  durante o mes de xullo. BASES 1.Trátase dun programa lúdico e educativo de actividades programadas dende o Concello de Sober,   que terán lugar  os martes, mércores e xoves do mes de xullo entre as 10:30 e ás 13:30h . 2. O número de prazas ofertadas é de 6 cada semana. 3. A idade para participar será a comprendida entre 4 e 12 anos . 4. Terán prioridade as familias empadroadas no Concello de Sober. 5.O prazo de inscripción será dende o día 25 ata o 29 de xuño , ambos incluídos. 6. A inscrición realizarase enviando un correo electrónico cos datos persoais do/a participante ( nome e apelidos, idade, teléfo no de contacto e semana ou semanas nas que desexa participar ) a cultura@concellodesober.com . 7. Se existe máis demanda que prazas ofertadas unha semana, cubriranse as prazas por rigurosa orde de entrada de solicitudes no correo. 9. Crearase unha lista de espera para cubrir as praza

# Mércores de conto

Hoxe na #hora do conto a BPM de Ordes  preséntanos A mellor familia do mundo https://www.youtube.com/watch?v=Vckd9SKL90c&list=PLNZ3WNrxmzIYzp4tD7kIkdkBm3MmCOyPM&index= #BibliotecasMunicipais #MércoresdeConto

#BiblioVeránEnGalicia

A partir de mañá, 23 de xuño, comezamos unha nova colaboración entre as #bibliotecasmunicipais de Galicia. Queremos aproveitar os lazos establecidos durante o confinamento para ofrecer ás persoas usuarias da rede novas propostas conxuntas. Todos os días ( de luns a venres ) ás 12:00h. haberá unha publicación có cancelo #biblioveránengalicia co que cada biblioteca participante dará a coñecer as características dos lugares máis representativos do seu concello. Con esta iniciativa queremos promover o turismo pola nosa terra durante este verán, animando a coñecer todos os recunchos que aínda temos por descubrir. A BPM de Sober fará esta publicación diaria  as 12:00 de luns a venres na páxina de facebook :   https://www.facebook.com/clubdelectura.pintordecastinande/ #biblioveránengalicia #bibliotecasmunicipais

VIDEOCLIP: O MONSTRO DA LAVADORA

Xoan Curiel e a Banda do Verán remitennos un agasallo para os nosos usuarios,  no que fan  protagonistas aos nenos/as galegos/as neste fin de curso. É o seu novo videoclip. Xa que estiveron confinados na casa, quixeron facer un vídeo de terror "electrodoméstico", para rirnos un pouco tamén despois de todo o que pasamos. Está interpretado integramente por nenos e nenas: 👻😉VIDEOCLIP: O MONSTRO DA LAVADORA https://youtu.be/dA7ZZUrguuE   Pertence ao proxecto (libro disco e espectá culo) de música infantil A Casa do Terror , premiado cos pasados Premios Martin Codax e hai pouco co Premio Frei Martin Sarmiento que fallan os propios escolares. Moitas grazas a Xoán Curiel e a todas as persoas implicadas na cultura en Galicia que nos aportan, as bibliotecas e aos seus usuarios ,  un montón de recursos para compartir nestes tempos tan complicados para todos.

# Mércores de conto

Hoxe na #HoraDoConto , desde a Biblioteca do Saviñao, queremos recomendar o contiño para bebés : Lúa, de Antonio Rubio e Óscar Villán, da editorial Kalandraka, contado por Ana Abelenda , e que podedes atopar en @kalandrakatv http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=2#PD_Ana%20Abelenda%20-%20La #BibliotecasMunicipais #MércoresDeConto

Novidades no catálogo : POESÍA

Nas esquinas do frío , de RAMÓN SANDOVAL , foi a obra gañadora da XXIII edición do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía, convocado polo Concello da Estrada. O seu autor, natural de Sober, xa  ten acadado varios premios de poesía con obras como "Territorios extraños","Naúfragos da cidade" e "Zocas e decibelios". Este último poemario editado por Fervenza, está composto por un bo número de textos que xurdiron entre os anos 2014 e 2017 e posteriormente retocados no ano 2019. As fermosas ilustracións e o deseño da cuberta son de Manuel Fragoso. Atopamos este poemario na seción de poesía en galego da BPM de Sober A 📖 Aquí tedes o poema : TREN DE PASO o tren fura a paisaxe a velocidade constante en sentido contrario os recordos do pasaxeiro tamén van furando no tempo buscando esa primeira estación na que sacou un billete de ida sen destino fixado

Contacontos : Dez xoaniñas

Sabela Gago , de Sarabela Teatro , fainos una agasallo para pasar un bo rato esta fin de semana : Trátase do conto XOANIÑAS de Xoán Babarro E para rematar propón tamén unha actividade ben chula !!! AGARDAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO CON ESTA GRAN ACTRIZ, SABELA GAGO

Ilustramos un conto

Durante estes meses de confinamento a Librería Agrasar de Monforte de Lemos continuou coa súa tarefa editorial e agora aparece nas librerías o conto : TROITIÑA,  primeiro conto infantil  de ANTÓN VALCARCE , con ilustracións realizadas polos nenos e as nenas que asisten as actividades que se realizan os venres nas  Merendas con contos da BPM de Sober. Hoxe, o diario El Progreso, adica un espacio a esta nova publicación. 😊Estamos moi satisfeitos por ter colaborado con Antón Valcarce na realización dos debuxos que acompañan un conto moi fermoso. GRAZAS por contar cos nenos e as nenas da BPM de Sober . Grazas tamén a Librería Agrasar pola súa importante labor de edición. 📚Agardamos que moi pronto se poida presentar este libro en Sober Estades tod@s invitados🙌

Novidades no catálogo

Cuenta Santiago Muñoz Machado (Pozoblanco, 1949) que cuando entró en la RAE en 2012 ya tenía en mente abordar el minucioso trabajo que acaba de ver la luz. “Era un estudio del español que aún quedaba por hacer , pues análisis lingüísticos ya hay muchos”, dice el académico. Hablamos la misma lengua (Crítica) es una historia política y jurídica del español en América cuya cronología es tan amplia como lo fue la presencia del imperio allí: desde la Conquista hasta las Independencias. ( El Cultural ) "Más que un tratado de historia, que lo es, esta obra es un deslumbrante edificio ensayístico, un extraordinario catálogo de hechos, leyes, personajes y polémicas que se extienden en el tiempo hasta configurar una realidad insoslayable hoy : el español es la segunda lengua global." Fdo. Rodríguez Lafuente,  ABC Cultural Atopamos este libro na BPM de Sober   nos estantes de lingua , relacionada coa súa historia, con América e un análise dos aspectos políticos que acompañan a lin

#Mércores de conto

Hoxe desde a BPM do Pino na #HoradoConto propóñennos un entrañable conto : "Perdido? " de Oliver Jeffers. Un conto que trata os valores da amizade e sobre todo a atención cara aos sentimentos e ás necesidades dos outros, a superación, a valentía e a colaboración. Esperamos que vos guste!! #bibliotecasmunicipais #mércoresdeconto

#Mércores de conto

HORA DO CONTO : Hoxe desde a Biblioteca de Monterroso traémosvos  un conto da colección Cancodrilo, contado polo seu ilustrador, titúlase "Cancodrilo disfrázase" , o autor é Xabier López Mateos e os seus ilustradores son Javier Rey Feijoo  e Silvia González Sánchez . Cancodrilo é un animal metade can, metade crocodilo que cos seus amigos quérenos ensinar entre outros valores, a amizade, o respecto aos  demais e a empatía. Esperamos que os máis pequenos da casa disfruten con este conto. https://youtu.be/CfhnQFLzOu0