Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Merendas con Contos -Marzo

 

CL-Novas tecnoloxías

 Obradoiro de Novas tecnoloxías impartido por Ángela Arranz e Elvira Ureña da empresa INECO. Programa de formación para persoas maiores a través da colaboración do Concello de Sober con Ineco Ruraltic. Os temas tratados ,utilizando os propios teléfonos móbiles das persoas asistentes, estiveron relacionados coa sáude, aplicacións útiles para a vida dos maiores, uso de whatsApp e asesoramento xeral nas cuestións que as persoas asistentes plantexaron nesta tarde chea de tecnoloxía.

CL- Carta de una desconocida

  Lectura do mes de febreiro dunha novela xa coñecida por parte dos integrantes do noso CL .  No ano 2012 tivo moi boa acollida , e pedíronnos repetir a lectura desta pequena pero intensa historia.  "Solo quiero hablar contigo, decírtelo todo por primera vez...Una vida que fue siempre la tuya desde la primera hasta la última hora". Así comeza o libro de STEFAN ZWEIG , no que ao longo das páxinas descubrimos a confesión dunha muller profundamente namorada dun escritor que a ignora. A autora da carta, que da nome ao título, namórase do protagonista cando só era unha moza ; pasaron os anos e o amor fíxose incondicional, ,máis non correspondido. É un libro romántico, un monólogo que fala das desigualdades no amor. O tema central é o amor sen límites, case sen lóxica. Un amor solitario e secreto. 

Merendas con contos