Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Mañá na biblioteca

 

Obradoiro de Origami

  O martes 25 na BPM deSober tivemos un obradoiro de ORIGAMI, realizado por Loli Gutián e Mónica Carballo, da BPM de O Saviñao. As asistentes escoitaron as indicacións das monitoras e realizaron dúas figuras de papel : unha grulla e un vasiño.  Comprobamos a dificultade desta arte e os beneficios que aporta  : estimula a concentración e favorece a coordinación, favorece a capacidade de atención, entre outros. Moitas grazas a Mónica e Loli por facernos pasar unha tarde tan interesante . A colaboración entre as bibliotecas públicas de Sober e O Saviñao continua, a través destes obradoiros e diversas actuacións que teñen lugar ao longo do ano. #extensión bibliotecaria #actividades de animación #actividades para persoas maiores.

Ciberseguridade : contacontos

  Na biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober tivemos un contacontos sobre ciberseguridade, para o que contamos con Polo Correo do Vento.  A través do conto, o debuxo e a música coñecemos e escoitamos falar dos riscos que podemos atopar na internet. Unha forma sinxela e lúdica de aprender a moverse pola rede dun xeito seguro. Os alumnos/as de 4º,5º e 6º de primaria asistiron a este acto   e xa no remate tamén practicaron o debuxo. Nesta actividade colaboramos as dúas bibliotecas de Sober, grazas a proposta de AMTEGA  ( Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia ) .

Colectivo Lemos Le : cea do Día da Biblioteca

  Na seguinte ligazón atoparedes información sobre este acto, que celebramos as biblioteca escolares e municipais da comarca de Lemos.  https://lemosle.blogspot.com/2022/10/dia-da-biblioteca-2022.html

Mañá na biblioteca

  Comezamos o curso 2022-2023 cunha nova etapa das actividades de animación á lectura para os usuarios infantís. Benvidos e agardamos por tod@s os venres ás 16:30h.

Encontro có autor

 

Outubro : MES DA BIBLIOTECA