Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Feliz ano novo

AGORA CHEGA UN NOVO ANO.  Despedímolo con novidades no catálogo da biblioteca.

BOAS FESTAS

 

CL-Al mal tiempo, mejor cara

Rematamos o primeiro trimestre no CL Pintor de Castinande con esta interesante novela francesa. Unha lectura chea de sensibilidade e humor. Novela revelación en Francia no ano 2012, da autora Barbara Constantine. Ferdinand e Marceline , veciños nun pobo rural, viven sós, sen moitas visitas. Un día o teito da casa de Marceline cae e o seu veciño ofrécelle axuda e  un lugar onde permanecer mentras arranxa a súa casa. Pouco a pouco a vivenda de Ferdinand vaise enchendo de xente, que por diferentes motivos están sós.  A vida cambia para todos, formando unha nova familia, sentíndose de novo necesarios y creando un ambiente feliz e con moita vida. Excelente lectura que resultou fermosa e gratificante para os integrantes do noso CL, chea de sensibilidade e hmor. Regresamos en xaneiro con novas historias para ler e escoitar. BOAS FESTAS.

CL infantil Viaxando Polas Letras

  Un novo curso a BPM de Sober colabora no CL Infantil do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.  Un CL formado por nenos e nenas de 5º e 6º de primaria e coordinado pola profesora encargada da biblioteca escolar, Flora GrandeRodríguez. A primeira lectura escollida para este curso foi "Mitos e lendas da Ribeira Sacra", de Dani Viétez e Iria Iglesias. Os autores deste libro son  tamén son ilustradores coa súa propia marca :  https://estudiognomo.com/ ,  Realizaron un libro con 13 lendas da nosa comarca, con nomes como : "As xacias", Papeiros e Rabudos", A serpe de Vilaescura"...nas que recollen parte das lendas populares novelando e engadindo algún elemento.  No blog da biblioteca escolar vemos como foron as diferentes sesións do CL.  https://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/2023/12/club-de-lectura-5-2023-2024.html Vémonos no ano 2024 con outros temas e moitas historias novas. 

Exposición de fotografía : Anatomía dun lume

  "Anatomía dun lume " é unha exposición que aborda o mundo dos incendios desde unha perspectiva diferente á habitual porque o autor é un profesional da extinción de incendios, non da fotografía. O monfortino TOMÁS RODRÍGUEZ, MATI, bombeiro forestal, é afeccionado á fotografía e capta coa cámara do seu móbil, momentos, instantes, dos incendios nos que traballa. Pódese visitar ata o día 5 de xaneiro ,en horario : de martes a venres de 11/13h.-16/20h. luns de 16/20h. sábado de 11/13h.

CL-Paradero desconocido

  A escritora estadounidense  Kathrine Kressmann Taylor ( 1903-1996 ) é a autora desta novela epistolar que o CL Pintor de Castinande remata de ler a finais do mes de novembro.  Novela cortiña con 80 páxinas, máis conta moitas cousas en pouco espacio. Está composto por unha serie de cartas entre dous amigos e ademais socios dunha galería de arte en San Francisco, California.  Max e Martín pasarán de ser case irmáns a inimigos como consecuencia do cambio que se produce en Alemania coa chegada de Hitler ó poder , e o progresivo cambio de mentalidade nas persoas.  A novela fai unha denuncia da historia máis tamén da hipocrisía e a inactividade do mundo ante os feitos que se desenvolven en Alemania a mediados do século pasado. 

Programación Nadal 2023

 

Certames de Nadal 2023

  C onvocados os certames para Nadal.  A inscrición pódese realizar ata o día 21 de decembro.  As bases atopámolas na web do   Concello de Sober .