Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Mañá na biblioteca : narración oral con Carmen Conde

SUSPENDIDA

CL infantil Viaxando polas Letras

 A lectura escollida polos nenos e nenas do CL do Colexio de Sober  para a primavera foi unha das obras do escritor R oald Dahl, que  foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. As opinións foron moi diversas sobre todo en relación o seu final. A algunhas persoas gustoulles e ata lles pareceu divertido pero a outras deulles moita mágoa que a avoa acabase tan mal.   Nas reunións falamos dos diferentes capítulos : Cal é o papel da avoa na familia? E cal é o papel dos nosos avós na nosa familia? Como te sentirías ti no caso de George? E no lugar da avoa? Todxs destacaron o a importancia que   neste conto teñen  as ilustracións realizadas por Quentin Blake ,    ilustrador, escritor e debuxante británico. É moi coñecido polo seu labor como ilustrador de literatura infantil, fundamentalmente das obras de Roald Dahl.  O seu estilo artístico é moi característico, con liñas a tinta trazadas con rapidez e inseguridade e

Imos ao cine

  Este ano recuperamos un bo costume : imos ao cine o último venres do mes de maio. Vémonos mañá na sala de cine .

Campamento verano 2022

  Aberto o prazo de preinscrición para as actividades de verán dirixidas a nenos e nenas de Sober. Un ano máis temos campamento¡¡  INFÓRMATE NOS TEL. 982460001/982460513

O CL celebra o Día dos Museos

 O mércores 18 de maio o Club de Lectura da biblioteca de Sober visita o Museo de Arte Sacro das Clarisas de  Monforte de Lemos. Nesta data celébrase  o Día Internacional dos Museos,que este ano ten como lema " O poder dos museos " :  os museos son lugares de descubrimento capaces de mostrar o pasado e de abrir as mentes cara ao futuro. Teñen o poder de transformar o mundo . A exposición alberga a colección máis importante de arte italiana do primeiro terzo do século XVII que hai en Galicia.  Consta de seis salas onde  se mostran magníficas pezas de pintura, escultura, pratería, marfiles e  téxtiles, adquiridas polos Condes durante a súa estancia en Nápoles .  Entre as pezas máis destacadas están as esculturas do taller de Gregorio Fernández,  do século XVII , como é o caso do Cristo Yacente en urna procesional, e dúas inmaculadas. Especial relevancia teñen tamén as pezas de ourivaría do Renacemento italiano do século XVII , así como os relicarios das escolas

Contamos coas crianzas

  A partir dunha visita realizada a bpm de Sober  polos alum@s e profesores do Ciclo de Educación Infantil do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos, comenzamos unha colaboración entre as bibliotecas escolares e a biblioteca municipal. Mañá  día 20 de maio teremos unha actvidade de animación á lectura dirixida a nenos e nenas entre 3 e 6 anos do colexio de Sober. Alumnado do ciclo formativo como parte das súas prácticas de aula, desenvolverán unha sesión de narración oral que incluirá diferentes contos en lingua galega. O venres 20 de maio ás 12:15h. na biblioteca do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.

Novidades no catálogo

  Seguimos coas novidades de maio. Hoxe están dirixidas aos adultos. Pasade pola biblioteca de Sober  para levar en préstamo aquel libro q vos “encandile”

Mañá na biblioteca

 

Novidades no catálogo

Chega o mes de maio cargado de novidades nos andéis Infantil e Xuvenil Achegádevos á biblioteca para escoller un ou máis títulos. 

Exposición de fotografía : Baleirada

  Durante o mes de maio podemos visitar na biblioteca unha nova mostra de fotografía da Asociación fotográfica O Potiños. Leva por título BALEIRADA,   e está composta por un conxunto de fotos que mostran o abandono das nosas aldeas en instantáneas de silvas nos camiños, mesas rotas, penicos oxidados, cadeiras absurdas, portas sen porta... Uces, toxos e xestas medran nas hortas e nos campos de fútbol.    Unha reflexión sobre o aspecto desolador da paisaxe dunha parte da España baleirada polo envellecemento da poboación, a emigración, o despoboamento e o abandono do mundo rural.  No mes de maio na bpm de Sober

Abril, MES DOS LIBROS

  ✅A programación da biblioteca no mes de abril continúa coa celebración do noso mercado de libros de segunda man, que todos os anos montamos no exterior da biblioteca e no que participan os nenos e nenas das Merendas con contos. ✅ Despois de dous anos sen poder celebrar o Día do Libro, as persoas maiores que participan nas actividades do Eirado das Letras, e concretamente os integrantes do CL Pintor de Castinande, desplazáronse ata A Coruña para visitar a Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán , onde fixeron uha visita-guiada pola súa directora, Julia Santiso , gran coñecedora da obra da escritora coruñesa. A proposta da viaxe xurdiu despois da lectura de La Tribuna , que ten como protagonista á cidade galega na que estaba situada unha importante fábrica de tabacos. ✅ Alumn@s e profesores do Ciclo de Educación Infantil do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos, visitaron a biblioteca de  Sober para coñecer as instalacións e o programa de actividades destinado aos máis pequenos. Grazas pola v