Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

CL infantil Viaxando polas Letras

   A segunda lectura do club será un manga : El dulce hogar de Chi, de Konami Kanata . Con esta elección queremos achegarnos ao mundo do manga, un tipo de literatura que lles resulta moi atractivo aos compoñentes do club.  Comezamos aprendendo a ler manga e para iso, contamos coa colaboración dos alumnos que xa len manga nas súas casas que lles explicaron aos demais como hai que facelo e tamén compartimos este titorial de  https://wasabimanga.com/mangas/      O libro elexido pertence á categoría de manga KODOMO que en japonés significa neno e que no ámbito do manga se usa para referirse ao público infantil xa que trata temas adaptados a este público e a familias e tanto o vocabulario como as ilustracións son adecuados para estas idades.    Chi é a protagonista desta serie que estivo de moda en Xapón e que se converteu nun éxito de ventas mundiais. A historia comeza cando unha familia atopa na rúa un gatiño moi bonito e adorable e deciden recollelo.   Na reunión do 18 de f

CL-Como nacen as cancións

 Coñecemos a orixe dunha  canción popular galega : A RIANXEIRA ( Fonte : materiais de Lingua Galega da Xunta de Galicia , Wikipedia Galega )) O periodista Iñaki Gabilondo relata esta historia sobre a famosa ” A Rianxeira “. Conta como Angel Romero fillo do autor da Rianxeira tiña a grabación orixinal da canción feita en 1950 en Bos Aires, pero que nunca a pudo escoitar. Foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo ,  quen compuxo a música, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado   (“Pinciñas”), compositor da letra.  Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires.  O texto orixinal ten a súa orixe en diversas variantes de cantos tradicionais de acompañamento ás procesións de adoración á Virxe de Guadalupe  (patroa de Rianxo) . Nun principio chamárona “ Ondiñas da nosa