Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

CL- Visita á Fundación Vicente Risco en Allariz

  O CL Pintor de Castinande visitou Allariz o día 25 de abril, có fin de celebrar o Día do Libro. Coma todos os anos visitamos a casa dalgún autor galego, que destacou có seu traballo polo noso idioma.  Este ano coñecemos un pouco máis a Vicente Risco  ( 1884-1963 ) grazas á labor da Fundación que leva o seu nome e que se atopa no concello de Allariz (Ourense ). En primeiro lugar tivemos unha visita guiada pola vila, acompañados de Juan, historiador do Concello, que nos falou das orixes do seu pobo e nos amosou as construccións máis interesantes : igrexas, construccións civís...que enchen este fermoso lugar do sur da provincia de Ourense.  Na visita á Fundación Vicente Risco  estivemos acompañados por Antonio Blanco Rodríguez, vicepresidente da entidade . Esta Fundación ocupa a casa familiar do autor e aquí atopamos  o fondo documental de Vicente e Antón Risco.   A demáis desenvólvense iniciativas culturais de diversa índole : ciclos de música, recitais de poesía... A Fundación Vicent

Mañá na biblioteca

 

CL- Del color de la leche

A  lectura escollida  para abril, foi unha pequena novela " Del color de la leche" escrita pola dramaturga Nell Leyshon. G alardoada có premio do Gremio de Libreros de Madrid no ano 2014, narra a historia de Mary, do seu propio puño e letra, cunha curiosidade :  non hai maiúsculas. Narración corta dividida en cinco capítulos, que teñen o nome das estacións : primavera, verán , outono e inverno.  Unha lectura que agradou aos  integrantes do noso Club Pintor de Castinande, na que disfrutamos e tamén sufrimos ata as últimas páxinas. Lectura moi recomendable.  Ano 1830. Nun pequeno pobo rural de Inglaterra vive Mary , unha moza de quince anos que é a menor de catro irmás na granxa do seu pai, na que traballa de sol a sol para tentar sobrevivir. Naceu cun defecto na perna que lle impide camiñar correctamente, o cal non vai supoñer un obstáculo para que o seu pai a leve a traballar á casa do reverendo, onde atenderá á muller do mesmo que está gravemente enferma.

Mañá na biblioteca

 

CL infantil Viaxando polas Letras

  No mes de abril a lectura no  CL do  Colexio de Sober foi este cómic de Aldara Álvarez García "Anémona de Río": Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba. Este libro obtivo o 1ª premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, escola de Banda Deseñada  e Ilustración de Pontevedra, dirixida por Kiko da Silva. Os nenos e nenas que compoñen este club de lectura  destacaron do cómic as ilustracións , que recordan aos mangas, e tamén a temática, que nos introduce no funcionamento do corpo humán no momento que nos administran unha vacina. Os lectores falaron da gran imaxinación da autora do libro e do s

Mañá na biblioteca

 

Para persoas maiores : mañá na biblioteca

 

Abril mes dos libros