Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

Novidades no catálogo

 

Nas Merendas con Contos : chega o entroido

  Participantes no obradoiro  adicado á celebración do entroido.  Característicos da nosa comarca son estes bonecos fabricados con papeis de cores que os nenos e nenas elaboran e unha vez rematados comeza un xogo que consiste en "roubar" os compadres e comadres e tratar de rompelos aos teus compañeiros. Esta é unha tradición da nosa zona que agrada especialmente aos máis cativos, asi que con tesoiras, papeis de cores e moita imaxinación comeza o entroido na biblioteca de Sober.

Nas Merendas con Contos : A Muller na Ciencia

  Rocío Fdez. , informática do noso Concello, preparou unha tarde ben interesante para festexar  o Día da Muller e da nena na ciencia.  Utilizando medios informáticos , os nenos xogaron e aprenderon novas formas de facer música con aplicacións novedosas e moi interesantes. Gracias Rocío, @ospatios.

Mañá na biblioteca

 

Exposición de fotografía : Inspiración

 Durante o mes de febreiro podemos contemplar unha nova exposición na biblioteca  , neste caso realizada pola Asociación fotográfica O Potiños. Os seus autores falan dela como sorprendente e novidosa en relación as súas anteriores composicións. Sorprendente, alucinante e sublime.