Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2023

Mulleres inventoras : Ler conta Moito

  O xoves 27 de xullo realizouse na biblioteca o obradoiro "Mulleres inventoras" coa participación dos nenos e das nenas asistentes ao campamento de verán.  Raquel Vázquez Blanco, " A curuxa de papel", traballou o tema dos prexuizos, eliminando o pensamento de que a muller é mellor nas tareas domésticas.  Nesta mañá coñecemos os inventos dun bo número  de mulleres que aportaron importantes descubrimentos e inventos moi interesantes para toda a sociedade.  Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito, unha colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Sober. 

Premio de animación á lectura María Moliner

 A biblioteca de Sober recibe un premio na "Campaña de animación a la lectura María Moliner 2023". O programa de actividades presentado a este certame é posible GRAZAS a tod@s os usuarios e usuarias , estupendos lectores, desta biblioteca rural da Ribeira Sacra. Con este premio melloramos, incrementamos e actualizamos a colección de libros e revistas  para todas as idades. 

O Raposo Rufo : Ler Conta Moito

  O programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración cós concellos, trae á biblioteca de Sober o contacontos - obradoiro  :  REDUCE, REUTILIZA E RECICLA CÓ RAPOSO RUFO , actividade para concienciar sobre a responsabilidade persoal e colectiva de manter limpo o noso planeta.  Os nenos e as nenas participantes no campamento de verán "Coñece o teu concello", aprenderon  como separar o lixo e a importancia de faceloe darlle unha segunda vida a obxectos cotiás.  Tiveron como  apoio o libro "O Raposo Rufo e o coidado do medio", de Iria Iglesias e Dani Viétez, de Estudio Gnomo, que realizaron este contacontos-obradoiro o xoves 6 de xullo. Como remate desta actividade  fixeron un monicreque con material de refugallo.

Coñece o teu Concello

 

CL infantil Viaxando polas Letras

 Rematamos as lecturas en colaboración có colexio de Sober cun  libro moi interesante  Unha volta ao mundo  . Neste enlace do blog da biblioteca escolar atopamos información sobre as sesións de lectura  e a actividade complementaria realizada. Da autoría de Joseba Sarrionandia, está ilustrado por Ares, un ilustrador cubano e traducido ao galego por Isaac Xubín. Publicado por Kalandraka. Chega o fin de curso e o traballo que realiza esta biblioteca na tarea do fomento da lectura xunto á biblioteca escolar.  Feliz verán para tod@s e vémonos en setembro .