Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

Novidades no catálogo

Para todas as idades :  aquí temos os libros máis recentes incorporados ao noso catálogo, UNHA OFERTA DA BPM DE SOBER.

Felicitación de Nadal

 

Recomendacións lectoras do Colectivo Lemos Le

   RECOMENDACIÓNS LECTORAS     realizadas polo colectivo LEMOS LE, BIBLIOTECAS PÚBLICAS E LIBRERÍAS XUNTAS COA LECTURA ¡¡¡

Mañá na biblioteca : "puro teatro"

 Rematamos as actividades das Merendas con Contos antes do nadal cunha  proposta da Escola de Teatro de Sober, que consiste nun obradoiro teatral entre os nenos e as nenas das Merendas  e os adultos, alumnos  desta escola municipal. 

Novidades no catálogo : poesía galega

  As novidades da bpm de Sober son dúas publicacións da editora CHAN DA PÓLVORA.  "Nós Outras " en palabras da propia editora é o  novo título da colección Udra de poesía para nenas e nenas,  que aposta por un libro de cores e de valores. Nós outras plasma o encontro de dúas creadoras que traballan desde distintas latitudes expresivas pero que desenvolveron posturas concorrentes de rebeldía e intensidade emocional. Libro que reúne as creacións de Marica Campo e Menchu Lamas.  Atopámolo na sección de poesía infantil en galego.        Beleza, verdade é o titulo da antoloxía poética de Ricardo Carvalho Calero realizada por Pilar Pallarés do que foi alumna . Esta obra é unha escolma pero tamén unha análise da obra e da personalidade deste escritor, homenaxeado este ano 2020 polas Letras Galegas.    Atopámolo na sección de poesia en galego para adultos.                 

Mañá na biblioteca : adiante coas Merendas con contos de decembro

 

CL-Los pazos de Ulloa

  O CL Pintor de Castinande inicia este curso coa lectura desta novela,  escrita por Emilia Pardo Bazán e publicada por primeira vez en 1886.  Argumento : ( fonte gl. Wikipedia )   O sacerdote Julián Álvarez diríxese aos Pazos de Ulloa para servir ao Marqués Don Pedro Moscoso como administrador.  Nada máis chegar aos Pazos, situados nunha zona rural de Galicia,  o sacerdote escandalízase polo decadente estado do pazo e o comportamento de Don Pedro e os seus empregados.   Don Julián aconsella a Don Pedro que cambie de comportamento e de sociedade, e o convence de que marche con el a Santiago de Compostela e busque esposa entre as súas curmás casadeiras. Elixe como esposa a Nucha e con ela regresa ao pazo, xa embarazada dunha nena. Don Pedro amósase desgustado cando nace a súa filla, incomódase polo sexo do bebé,  e aos poucos vaise distanciando da súa esposa.  Nucha entabla unha relación de amizade con Julián e pídelle que lle axude a escapar coa súa filla a Santiago a casa do se

Mañá na biblioteca : contos e tamén teatro

   Rematamos as actividades de novembro coa seguinte proposta. Agardamos que sexa do voso agrado.   📣A partir das seis da tarde teremos unha función teatral dirixida a un publico familiar que nos contará a historia de SONÓLICUS. Este neno sempre  dorme ben pegadito á xanela e o último que ve antes de pechar os ollos é a cara redonda e brillante da lúa.  Así é como empeza a aventura dun neno que vai crecendo cunhas inmensas ganas de chegar á lúa e que acabará converténdose no mellor amigo dos nenos e nenas.

25N : Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller : selección bibliográfica

   A BPM de Sober realiza unha selección de títulos escollidos entre os que forman parte do seu catálogo. É a nosa pequena aportación para loitar contra calquer tipo de abuso, contra o menosprecio e a falta de repecto.  Ler sempre é un exercicio recomendable. A lectura, o coñecemento, é unha das formas quizais non de afastarnos da violencia, pero si de recoñecela e ser capaces de loitar contra ela. Atopamos narrativa para nenos e nenas : EL MONSTRUO ;  para mozos e mozas : O INFERNO DE MARTA, AMOR AMARGO ; para adultos : INFAMIA ; unha novela gráfica ambientada en Ciudad Juárez, LUCHADORAS ;  e un libro escrito hai corenta anos, reeditado recentemente por Catroventos ed. e no que podemos comprobar que a sociedade aínda ten moito que mellorar para acadar igualdade de oportunidades entre HOMES E MULLERES.   #BibliotecasSTOPViolencia

Mañá na biblioteca : Música nas Merendas con Contos

 Programa para a tarde  do venres 19 de novembro :       📢 Este venres  imos rematar un pouco máis tarde, para disfrutar da música de saxo interpretada por SARA MÉNDEZ ARIAS , unha moza de Sober, que acompañará  aos nenos e nenas das Merendas con Contos e a todas aquelas persoas que se queiran achegar ata o Centro Sociocultural ( haberá que repectar o aforo establecido por Sanidade ):   

Premio María Moliner

PREMIADOS, UN ANO MAIS, CO PREMIO MARIA MOLINER!! " Sober coa lectura 2020 " foi o proxecto presentado.  Temos o pracer de informarvos que estamos , un ano máis, entre as bibliotecas seleccionadas a  nivel nacional polo Premio María Moliner 2020. A proposta que resultou premiada inclúe o programa de animación á lectura que o Concello de Sober desenvolve a través da biblioteca pública .    A biblioteca resultou seleccionada entre os 300 mellores proxectos de animación á lectura, de entre case 600 propostas.  http://www.culturaydeporte.gob.es/actualidad/2020/11/201116-maria-moliner.html?fbclid=IwAR1DibfAWB-EgxwuEi-W9-6OVGg3-jYxHKHoOD0yR7GJ5k7HZkQeH3cInEU O concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías. 👏👏 GRAZAS AOS USUARIOS, LECTORES E VOLUNTARIOS👦👧👨👩👪

Mañá na biblioteca : recibimos a visita dos novos viticultores

 

Novidades BANDA DESEÑADA

  Os libros protagonistas de hoxe son os comic ¡¡   Dirixidos aos lectores máis novos, para os usuarios infantís e tamén para a mocidade, presentámosvos as novas adquisicións da bpm de Sober :   BANDA DESEÑADA EN GALEGO . ✅ Os superheroes de verdade están no patio do cole : LENDAS DO RECREO ✅ Un cómic protagonizado por un heroe moi perruno : POLICÁN  ✅ Unha pinga de auga ten unha importante misión : A PROBA DE AUGA ✅  Aventura sideral nunha carreira de naves espaciais  :  ASTRO RATO E LAMPADIÑA    Atoparalos na sección de cómic da bpm de Sober  

Mañá na biblioteca : comezamos as Merendas con contos de novembro

📣 O  venres día 6  mes comezan as actividades de animación á lectura do mes de novembro , adicadas aos 👦👧 nenos e nenas entre os 5 e os 12 anos.

Novidades narrativa castelán

  Novidades no catálogo da BPM de Sober📗📘📙📕 Achégate  ata a biblioteca e escolle 👀  a túa historia favorita❗

Mañá na biblioteca : Merendas con contos no SAMAÍN

👻👻 Este venres adicamos a tarde a festa do samain :   O  Samaín  (do  irlandés antigo   Samain , pronunciado  /ˈsˠaunʲ/ ) é unha festividade  celta  que marca o remate da tempada de  colleita  e o comezo do inverno ou " metade escura " do ano. Tradicionalmente, é celebrada do  31 de outubro  ó  1 de novembro , xa que o día celta comeza e remata co  solpor . Atópase a medio camiño entre o  equinocio  de outono e o  solsticio  de inverno ( gl. wikipedia )

24 DE OUTUBRO , DÍA DA BIBLIOTECA

 Hoxe presentamos o conto TROITIÑA , do escritor monfortino   ANTÓN VALCARCE .  Editado na primavera por Agrasar editores de Monforte de Lemos  facemos hoxe a presentación para celebrar o   DÍA DA BIBLIOTECA FELICIDADES a todas as bibliotecas e os seus lectores🌐👬 https://youtu.be/OqivXmUC-Vo  

#Día da biblioteca 2020

  A Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte impulsa a celebración do Día das Bibliotecas o 24 de octubre de 2020 .  Este ano, e baixo o lema :  # DíaDasBibliotecas # SempreAoTeuCarón , céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.     A BPM de Sober programa unha serie de actividades de pequeno formato e outras que se verán a través das redes sociais do noso Concello .  Agardamos pola  implicación , coma sempre, dos nosos usuarios neste ano ben diferente para todxs.   #sober coa lectura

Novidades infantil-xuvenil : #Día das Escritoras

      #19 de outubro   V Día de las Escritoras: el    esfuerzo cotidiano  de las mujeres Biblioteca Nacional Estreamos lecturas para os lectores máis novos, historias escritas por mulleres.

#Día das Escritoras : Yolanda Castaño

  A BNE celebra a V Edición do Día das Escritoras , hoxe 19 de outubro.  A BPM de Sober en colaboración  coa Biblioteca Escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, colaboran na realización dunha actividade para este día, adicada a escritora galega YOLANDA CASTAÑO .  ✅ No seguinte enlace podedes 👀 ver e 👂escoitar o resultado :   http://bibliotecavirxedocarme. blogspot.com/2020/10/dia-das-e scritoras-2020-yolanda-castano .html?m=0 Agardamos que vos agrade!!!

Mañá na biblioteca : Contacontos

  ✅ Esta é unha actividade de dinamización con música, teatro e danza, dirixida  a nenas e nenos a partir de 6 anos  : "Po e Xía son as mellores amigas e por iso sempre andan xuntas, tramando algunha aventura disparatada "   📢 Celebraremos esta actividade no Salón de Actos do Centro Sociocultural , repectando   todas as normas sanitarias relativas ao  COVID-19. #Disfrutamos da cultura con moito sentidiño

El infinito en un junco : NOVIDADES

    Este é un libro sobre a historia dos libros . Trátase dunha fenomenal e minuciosa historia do libro na que interveñen innumerables personaxes durante trinta séculos de aventuras, de vida contada con paixón e sinceridade pola estupenda filóloga que é Irene Vallejo.   É, ademais, un libro de viaxes. Un roteiro con escalas nos campos de batalla de Alejandro e na Vila dos Papiros baixo a erupción do Vesubio , nos palacios de Cleopatra , nas primeiras librerías coñecidas e nos talleres de copia manuscrita.     Atopámolo na BPM de Sober na 18ª edición. Na sección de novela N/VAL/inf

Novidades #narrativa galega

  Últimas incorporacións en narrativa galega G/N

Novidades BD

NOVIDADES banda deseñada na BPM de Sober 🔎 Se queres saber moito máis sobre : Alfabetización visual , activación do pensamento o retención da  información ( beneficios da #lectura de #cómics ) entra neste enlace :   https://www.comunidadbaratz.com/blog/los-8-beneficios-que-aporta-la-lectura-de-comics-y-novelas-graficas-sobre-los-jovenes-y-adultos/  🔍  

Novidades para lectores autónomos

  ✅ Amelia Fang é o título da  primeira serie de libros  escrita por : LAURA ELLEN ANDERSON ( Exxex, 1988 ) autora e ilustradora de libros infantís.  A protagonista destes libros é unha vampira que vive aventuras cheas  de personaxes orixinais.  Libro apto para lectores a partir de 8-9 anos con ilustracións en branco e negro.   Atopámolo na sección infantil-xuvenil da biblioteca.    ✅ Na mesma sección tamén están dende hoxe  os contos :   " A formiga destemida " , de MARÍA REIMÓNDEZ   e "Tres bichicomas ", dúas illas e unha serea "de ROSA ANEIROS ( Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade). 📚👀👀👦👧👀👀📚

Efemérides

 O 16 de setembro de 1861 nace na Coruña a intelectual, xornalista , crítica literaria e narradora EMILIA PARDO BAZÁN.   Podemos coñecer a esta muller nos  enlaces que vos amosamos :  https://canalhistoria.es/perfiles/emilia-pardo-bazan/    http://www.cervantesvirtual.com/portales/pardo_bazan/   Na BPM de Sober atopamos unha parte da súa obra, destacando :   📗 N/PAR/paz  Los pazos de Ulloa, en Alianza Ed.  📕 G-398/PAR/edu  La educación del hombre y de la mujer, ed. Sotelo Blanco 📙 I-B/QUE/emi   Emilia Pardo Bazán : unha nena seducida polos libros , de María Xosé Queizán , con ilustracións de Ana Santiso. Ed. Xerais   📢"No me gusta vivir esclava de los moños, me arreglo lo posible, todo lo que cabe, sin derrochar un tiempo que debo dedicar a cosas mejores" :  EMILIA PARDO BAZÁN  

Novidades narrativa castelán

    Para  os amantes da lectura a biblioteca ofrece un montón de novidades . Atoparédelas nos estantes de narrativa en castelán .  

Horario de inverno

  Dende o día 9 de setembro a BPM de Sober ten horario de inverno    

Acceso á conta de usuaria/o da RBG

 🔻 Para acceder á conta de usuaria/o da Rede de Bibliotecas de Galicia : 1- Entrade na web :  https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ 2- O acceso está no recadro da dereita: "Ingrese na súa conta"  Usuario : o voso nº de carné da biblioteca Contrasinal : se non tedes , escolle "Esqueceu o contrasinal" e seguide as instruccións.   Poderedes: Renovar os vosos préstamos Reservar un documento que esté prestado Etiquetar as vosas lecturas Consultar os vosos préstamos Etc.etc......   ❗❗ Velaquí unha explicación moi sinxela de como podedes acceder á vosa conta de usuarios da Rede de Bibliotecas de Galicia.   Información elaborada polas Bibliotecas de Redondela e que compartimos o  grupo de bibliotecas municipais  creado no mes de marzo, no momento do confinamento,  no que estamos para  colaborar,  compartir experiencias e optimizar recursos. ❗❗  

Novidades no catálogo infantil

    Dous novos libros da  Colección Aprende , para usar dende os 0 aos 3 anos . Con cores metalizadas e verniz ultravioleta. Ben fermosos ¡¡¡¡¡ Matilda e o seu pai son moi diferentes : Ela é rápida, El é lento.  Matilda é metódica e el un pouquiño trapalleiro.    O novo libro de  LIZZY STEWART que xa atopamos na biblioteca de Sober.     Esta é unha historia sobre a amizade, a humildade e a importancia de non xulgar a ninguén sen antes coñecelo.  Álbum ilustrado por Silvia Álvarez.      

Coñece o teu Concello : A CAPITAL, BEREA-SOBER

 👧👧👦👦 Actividades campamento de verán do 28 ao 30 de xullo  ( 5ª semana e última deste verán 2020 )   ✅ Martes 28  Lectura do conto : " A CASA DA MOSCA CHOSCA", de Eva Mejuto con ilustracións de Sergio Mora : Este é un conto popular ruso que nos fala da casa dunha mosca onde hai unha torta de amoras , sete pratos , sete banquetas e sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta .   Seguindo a dinámica deste campamento de verán, os nenos e nenas participantes comezan a mañá coa lectura dun conto previamente seleccionado da biblioteca e que len entre todos e todas as asistentes.     Neste enlace podemos escoitar a canción da mosca chosca interpretada polos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober   https://www.youtube.com/watch?v=lXFgnQTawqk     Neste día tivemos pasatempos , xogando coas tablets e un obradoiro de creación de maquetas.       ✅ Mércores 29 : neste día visitamos a fábrica de pulverizadores