Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

Merendas con contos en xaneiro

Neste mes de xaneiro na biblioteca de Sober celebramos o   DÍA DA ILUSTRACIÓN , que se celebra o  30 de xaneiro , coincidindo co día do nacemento de  ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO  ( Rianxo 1886-Buenos Aires 1950 ) As actividades programadas para este mes teñen que ver coa lectura pero tamén coas cores. Fixemos dous obradoiros : o primeiro de pintura creativa sobre lenzo. Na segunda quincena do mes tivemos un obradoiro de creación dun conto para kamishibai. O soldadiño de chumbo , conto de H.C. ANDERSEN, con Laura R. e Laura G.  Noticia recollida pola prensa da nosa  provincia  Na aula de informática e tamén na multimedia , os nenos e as nenas coñeceron a biografía de CASTELAO e fixeron un play comic.  Noticia recollida pola prensa da nosa provincia Practicaron a mecanografía copiando o texto do conto kamishibai   " A xoaniña e o piñeiro, de Josefa Contijoch e Luis Filella" O último dos venres deste mes navega

Unha xoia para o Káiser

Interesante e entretida historia a que MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO conta na súa última novela e que foi a lectura escollida polo cl da biblioteca neste mes de xaneiro. Pon de actualidade o ocorrido en Monforte de Lemos co cadro "A adoración dos reis", unha obra de gran valor, do pintor flamenco Hugo van der Goes . Pertencía ao legado do Cardeal Rodrigo de Castro , que se conservaba no Museo dos Escolapios, e que se vendeu ao Káiser Museo de Berlín en 1913 . Esta venda produciu unha revolta , pois o pobo monfortino non estaba disposto a perder parte do seu patrimonio. Nas páxinas desta novela histórica , a acción real desenvólvese no ano 2017 a través dos personaxes de Manuel Barcia e Lina que son os que traen á actualidade o ocorrido co cadro de Hugo Van der Goes , mentres se ven inmersos nunha investigación sobre tráfico ilegal de obras de arte. Á beira destes personaxes de ficción atopámonos con outros reais: Antonio Méndez Casal , histori

Novidades no catálogo

CHEGA á BIBLIOTECA DE SOBER :       O PAPAGAIO "Un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura... Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras. " Podemos atopalo  na Bibloteca

Merendas con contos en xaneiro

Volta a programación da Biblioteca de Sober para os usuarios  máis novos  Unha das datas destacadas no Calendario do Libro e da Lectura é o DÍA DA ILUSTRACIÓN , que se celebra o 30 de xaneiro , coincidindo co día do nacemento de ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO  ( Rianxo 1886-Buenos Aires 1950 ) O programa de Animación á lectura Merendas con Contos inicia este ano con actividades adicadas á lectura e as cores , con dous obradoiros : Venres 11 : CREACIÓN LIBRE : Obradoiro de pintura dirixido por Ángeles de Prado Díaz. Venres 18 e 25 : IMOS CREAR UN CONTO : Obradoiro de kamishibai : A xoaniña e o piñeiro, de Josefa Contijoch e Luis Filella. AULA DE INFORMÁTICA :  Obradoiro de Playcómic  Obradoiro de mecanografía :redactamos o kamishibai.  N avegamos seguros pola nube  DO 11 ATA O 31 DE XANEIRO PODEMOS VISITAR  UNHA PEQUENA MOSTRA PICTÓRICA DA MONFORTINA  ÁNGELES DE PRADO DÍAZ

Poemas no nadal

Postais de Nadal feitas polos nenos e as nenas da biblioteca de Sober O NADAL                                                                                              Agora é tempo de Nadal e imos festexar porque é un día moi especial que hai que celebrar. Ven o Apalpador e os Reis Magos tamén con agasallos para todos os que se porten ben. O Nadal é un tempo para descansar e estar o lado de persoas queridas que nunca che olvidarán. O Nadal é tempo para estar contentos e pensar en cousas boas cantando villancicos ás persoas que están soas.  UXÍA TRAIL BATES, 11 anos O RELOXO DO NADAL Tic tac soa o reloxo o meniño está perto. Ano tras ano é  a mesma canción. Miro arredor e vexo a xente toda coa  mesma ilusión. Xogando e correndo os nenos na rúa están coa ledicia  de levantarse pola  mañá e encontrar  a árbore chea de agasallos. A ilusión dun neno está no tic tac do seu corazón. CRISTIAN DOUR

Premiados nos certames de Nadal 2018

PREMIADOS CERTAME DE POESÍA NADAL 2018 CATEGORÍA A , ATA 8 ANOS :  1º Premio CRISTIAN DOURADO RODRÍGUEZ CATEGORÍA B, DE 9 A 11 ANOS 1º Premio AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO 2º UXÍA TRAIL BATES 3º Premio BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ PREMIADOS CERTAME POSTAIS NADAL 2018  CATEGORÍA A, ATA 8 ANOS : 1º Premio : AROA RODRÍGUEZ LOSADA 2º Premio : GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 3º Premio : ESTRELA CAMPOS VÁZQUEZ Accésit : Valeria Ledo Doval, Darío Fernández González e Candela Fernández Rodríguez CATEGORÍA B, DE 9 A 11 ANOS :  1º Premio : LAURA GÓMEZ GRANDE 2º Premio : BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º Premio : AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO Accésit : Uxía Trail Bates e Valentina Brown Ravagni CATEGORÍA D, A PARTIR DE 17 ANOS : 1º Premio : RESIDENCIA 3º IDADE NOSA SEÑORA DO CARMEN DE SOBER Premios á participación : P.A.I.   e CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.  PREMIADOS CERTAME DE BELÉNS NADAL 2018 1º Premio : RUPERTO ÁLVAREZ VÁZQUEZ, de Vaz -Santa Mar

Novidades no catálogo

 " En 1926 un grupo de artistas deciden crear en el Sur de España una revista de Poesía. Eran los años del charleston, nacía Marilyn Monroe y moría Rodolfo Valentino. La revista fue fundada en  Málaga  con el nombre de  LITORAL  por  Emilio Prados y Manuel Altolaguirre , con la ayuda de un grupo no muy extenso de colaboradores entre los que se encontraban prosistas, poetas, dibujantes y tipógrafos:  LITORAL ¡Qué bellísimo nombre para una revista — decía Rafael Alberti — . " Revista Litoral Esta é unha nova proposta , que vos facemos dende a biblioteca de SOBER  Desexamos que sexa do agrado dos usuarios e  que teña moitos lectores.  NOVIDADES !!!