Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2023

Feliz ano novo

AGORA CHEGA UN NOVO ANO.  Despedímolo con novidades no catálogo da biblioteca.

BOAS FESTAS

 

CL-Al mal tiempo, mejor cara

Rematamos o primeiro trimestre no CL Pintor de Castinande con esta interesante novela francesa. Unha lectura chea de sensibilidade e humor. Novela revelación en Francia no ano 2012, da autora Barbara Constantine. Ferdinand e Marceline , veciños nun pobo rural, viven sós, sen moitas visitas. Un día o teito da casa de Marceline cae e o seu veciño ofrécelle axuda e  un lugar onde permanecer mentras arranxa a súa casa. Pouco a pouco a vivenda de Ferdinand vaise enchendo de xente, que por diferentes motivos están sós.  A vida cambia para todos, formando unha nova familia, sentíndose de novo necesarios y creando un ambiente feliz e con moita vida. Excelente lectura que resultou fermosa e gratificante para os integrantes do noso CL, chea de sensibilidade e hmor. Regresamos en xaneiro con novas historias para ler e escoitar. BOAS FESTAS.

CL infantil Viaxando Polas Letras

  Un novo curso a BPM de Sober colabora no CL Infantil do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.  Un CL formado por nenos e nenas de 5º e 6º de primaria e coordinado pola profesora encargada da biblioteca escolar, Flora GrandeRodríguez. A primeira lectura escollida para este curso foi "Mitos e lendas da Ribeira Sacra", de Dani Viétez e Iria Iglesias. Os autores deste libro son  tamén son ilustradores coa súa propia marca :  https://estudiognomo.com/ ,  Realizaron un libro con 13 lendas da nosa comarca, con nomes como : "As xacias", Papeiros e Rabudos", A serpe de Vilaescura"...nas que recollen parte das lendas populares novelando e engadindo algún elemento.  No blog da biblioteca escolar vemos como foron as diferentes sesións do CL.  https://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/2023/12/club-de-lectura-5-2023-2024.html Vémonos no ano 2024 con outros temas e moitas historias novas. 

Exposición de fotografía : Anatomía dun lume

  "Anatomía dun lume " é unha exposición que aborda o mundo dos incendios desde unha perspectiva diferente á habitual porque o autor é un profesional da extinción de incendios, non da fotografía. O monfortino TOMÁS RODRÍGUEZ, MATI, bombeiro forestal, é afeccionado á fotografía e capta coa cámara do seu móbil, momentos, instantes, dos incendios nos que traballa. Pódese visitar ata o día 5 de xaneiro ,en horario : de martes a venres de 11/13h.-16/20h. luns de 16/20h. sábado de 11/13h.

CL-Paradero desconocido

  A escritora estadounidense  Kathrine Kressmann Taylor ( 1903-1996 ) é a autora desta novela epistolar que o CL Pintor de Castinande remata de ler a finais do mes de novembro.  Novela cortiña con 80 páxinas, máis conta moitas cousas en pouco espacio. Está composto por unha serie de cartas entre dous amigos e ademais socios dunha galería de arte en San Francisco, California.  Max e Martín pasarán de ser case irmáns a inimigos como consecuencia do cambio que se produce en Alemania coa chegada de Hitler ó poder , e o progresivo cambio de mentalidade nas persoas.  A novela fai unha denuncia da historia máis tamén da hipocrisía e a inactividade do mundo ante os feitos que se desenvolven en Alemania a mediados do século pasado. 

Programación Nadal 2023

 

Certames de Nadal 2023

  C onvocados os certames para Nadal.  A inscrición pódese realizar ata o día 21 de decembro.  As bases atopámolas na web do   Concello de Sober .

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.

Merendas con Contos no mes de novembro

 

CL-Hasta donde termina el mar

  Comeza unha nova etapa do CL Pintor de Castinande. Voltamos as reunións dos martes ás 18:00h.  A primeira lectura deste curso será " Hasta donde termina el mar" de Alaitz Leceaga.   A autora de novelas superventas " El bosque sabe tú nombre" (2018) e "Las hijas de la tierra" (2019), foi aclamada no ano 2018 coa novela escollida para iniciar o noso CL deste ano e que acadou o Premio Fernando Lara de novela no ano 2021. A trama desta historia ten lugar nun idílico pobo da costa vasca, Ea, onde Dylan e Ulises contemplan como no horizonte se afunde o barco da familia , o Anabelle, como consecuencia dunha galerna desatada durante a noite anterior. Un tempo despois, o corpo dunha moza aparece flotando na praia. Estamos no ano 1901 nun lugar onde varias mulleres desapareceran sen deixar rastro. Cunha mezcla de fantasía e realidade, a autora conta unha historia de intrigas , engaños e mentiras, que parecen unha cousa e se tornan noutra, cun final totalmente ines

Presentación da novela : He visto cosas, de Santiago B. Suárez

  No DÍA DA BIBLIOTECA  , 24 de outubro Santiago Blanco Suárez , presenta na biblioteca de Sober a súa primeira novela : He visto cosas. O autor , ex docente en Seguridade Informática, Físico e Dr. en Informática, fai nesta novela  unha historia distópica sobre amizades cuánticas , venganzas e corrupción.  Nas súas palabras trátase dunha novela de aventuras nun futuro inmediato : una relación de amizade entre un policía e unha súper máquina ( cuántica ). Novela de ciencia ficción, próxima a unha distopía situada nun futuro non afastado ( cara a 2045-50 ) aínda que as raíces están na historia recente do noso país.  Dentro de non moitos anos as máquinas ( ordenadores, robots, lavadoras...), dotadas de intelixencia artificial xeral, serán ( case) omnipresentes e (case) omnipotentes. Unha lectura que provocará nos lectores moitos interrogantes. Os integrantes do CL asistiron á presentación e participaron no debate posterior. Grazas a Santiago B. Súarez por contar coa bpm de Sober na pres

Colectivo Lemos Le : Día da Biblioteca

Os medios de comunicación fanse eco desta data: https://lemosle.blogspot.com/2023/10/dia-da-biblioteca-2023-no-xornal-de.html https://lemosle.blogspot.com/2023/10/dia-da-biblioteca-en-mas-de-uno.html

Exposición de fotografía : Mímesis

 Dende o día 9 de outubro e ata o 10 de novembro estarán expostas na Casa da Cultura de Sober un conxunto de fotografías realizadas por NestorDavis , que leva por título MÍMESIS. Este mozo nacido na provincia de Ourense no ano 1994, destaca dende neno pola súa sensibilidade coa cámara. A mostra está composta por 40 imaxes de persoas expostas e fundidas coa natureza : bosques, praias ou rios... Nestor realizou a presentación da súa obra na biblioteca, onde conversou coas integrantes do CL Pintor de Castinande. "Desnudarse en pleno monte para que te hagan fotos no es cosa fácil. Pero luego viene la luz , el musgo, el agua, la mirada de Nestor y listo ! Lo condensa , lo filtra, y nos comparte el resultado.  ATA O DÍA 10 DE NOVEMBRO PODEMOS VISITAR ESTA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIA. 

Mañá na biblioteca : nova etapa das Merendas con Contos

 

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Lecturas no Campamento de verán

  Dentro da programación de actividades do campamento de verán, reservamos os xoves para vir á biblioteca : os xoves lecturas e contacontos na bpm de Sober. :  Gatiño e as vacacións, Os camiños das árbores, Tomás o bromista,  entre outros, foron algún dos títulos escollidos para este verán. Os contacontos realizados formaron parte do programa Ler conta moito, en colaboración coa Xunta de Galicia. 

Mulleres inventoras : Ler conta Moito

  O xoves 27 de xullo realizouse na biblioteca o obradoiro "Mulleres inventoras" coa participación dos nenos e das nenas asistentes ao campamento de verán.  Raquel Vázquez Blanco, " A curuxa de papel", traballou o tema dos prexuizos, eliminando o pensamento de que a muller é mellor nas tareas domésticas.  Nesta mañá coñecemos os inventos dun bo número  de mulleres que aportaron importantes descubrimentos e inventos moi interesantes para toda a sociedade.  Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito, unha colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Sober. 

Premio de animación á lectura María Moliner

 A biblioteca de Sober recibe un premio na "Campaña de animación a la lectura María Moliner 2023". O programa de actividades presentado a este certame é posible GRAZAS a tod@s os usuarios e usuarias , estupendos lectores, desta biblioteca rural da Ribeira Sacra. Con este premio melloramos, incrementamos e actualizamos a colección de libros e revistas  para todas as idades. 

O Raposo Rufo : Ler Conta Moito

  O programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración cós concellos, trae á biblioteca de Sober o contacontos - obradoiro  :  REDUCE, REUTILIZA E RECICLA CÓ RAPOSO RUFO , actividade para concienciar sobre a responsabilidade persoal e colectiva de manter limpo o noso planeta.  Os nenos e as nenas participantes no campamento de verán "Coñece o teu concello", aprenderon  como separar o lixo e a importancia de faceloe darlle unha segunda vida a obxectos cotiás.  Tiveron como  apoio o libro "O Raposo Rufo e o coidado do medio", de Iria Iglesias e Dani Viétez, de Estudio Gnomo, que realizaron este contacontos-obradoiro o xoves 6 de xullo. Como remate desta actividade  fixeron un monicreque con material de refugallo.

Coñece o teu Concello

 

CL infantil Viaxando polas Letras

 Rematamos as lecturas en colaboración có colexio de Sober cun  libro moi interesante  Unha volta ao mundo  . Neste enlace do blog da biblioteca escolar atopamos información sobre as sesións de lectura  e a actividade complementaria realizada. Da autoría de Joseba Sarrionandia, está ilustrado por Ares, un ilustrador cubano e traducido ao galego por Isaac Xubín. Publicado por Kalandraka. Chega o fin de curso e o traballo que realiza esta biblioteca na tarea do fomento da lectura xunto á biblioteca escolar.  Feliz verán para tod@s e vémonos en setembro .

Recomendacións lectoras

O Colectivo LEMOS LE presenta as recomendacións para o verán 2023, a partir das suxerencias realizadas dende as diferentes bibliotecas, escolares e municipais , que participan e colaboran neste colectivo.  A disfrutar das vacacións xunto a un bo libro.   https://lemosle.blogspot.com/2023/06/recomendacions-lectoras-veran-2023.html

Mañá na biblioteca

 

Mañá na biblioteca

 

Campamento de verán : Coñece o teu concello

 

CL infantil Viaxando Polas Letras

  Durante o  mes de maio as actividades do CL do Colexio de Sober, có que a biblioteca pública colabora , foron adicadas a coñecer a vida e obra de : FRANCISCO FERNÁNDEZ D:EL RIEGO , creador homenaxeado nas Letras Galegas do ano 2023. A partir da obra teatral escrita por Eva Mejuto , e incluída na páxina  https://primaveradasletras.gal/ , os nenos e nenas que participan neste CL infantil, desenvolveron a lectura deste texto teatral , achegándose así a un xénero literario como é o teatro, que non adoitamos a tratalo con asiduidade  e comprabar que o teatro tamén se le. A lectura aportounos coñecementos sobre Fernández del Riego coma a súa vinculación coa Editorial Galaxia, e a revista Grial, das cales foi fundador. Un dato que non sabíamos era que Francisco Fernández del Riego foi o que propuxo a celebración do Día das Letras Galegas para conmemorar a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro,  que se celebra en Galicia todos os 17 de maio  dende o ano 1963.