Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

CL infantil Viaxando polas Letras

  No CL infantil do CEIP Plurilingüe de Sober , no que colabora esta biblioteca, lemos "Un mundo para Maruxa" , de Estefanía Padullés. Neste enlace da biblioteca escolar atopamos os comentarios e suxerencias dos nenos e nenas que participan  no  CL .  https://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/2023/02/viaxando-polas-letras-72022-2023.html . Moitas grazas á biblioteca escolar por convidarnos a participar nesta actividade tan interesante. 

Mañá na biblioteca

 

Mañá na biblioteca

 

CL-El bar de las grandes esperanzas, de J.R. Moehringer

 O CL Pintor de Castinande ven de rematar a lectura e as sesións adicadas a esta novela, que foi a protagonista do mes de xaneiro.  Novela autobiogáfica de J. R. Moehringer. O autor e protagonista desta obra crece coa súa nai, pois o seu pai abandonounos cando era un bebé. O neno coñece a identidade do pai, un DJ de Nova York, que ten un programa de radio e que escoita habitualmente nun aparato na casa dos seus avós. Ata que esa voz desaparece das ondas.  Os seus refuxios son a súa nai e o Dickens, o bar do tío Charlie , onde J.R. crecerá ao carón de moitos homes, que farán crecer a este neno, nun mundo de masculinidades diversas : poetas, policías, apostadores ... Alí foxa a súa identidade e tamén o seu destino, a de un neno sensible e intelixente que acabará por entrar na universidade, o soño da súa nai e publicará un libro, acadando o seu soño de ser escritor.  J.R. Moehringer nace en NY en 1964. Recibiu varios premios lietarios , destacando o Pulitzer de periodismo no ano 2000. Li

CL - Domingo Fontán

  O martes día 7 de febreiro estivo no noso CL Manuel Fernández , productor do documental  "Fontán, o primeiro rostro de Galicia" .  Presentou na biblioteca de Sober este audiovisual sobre a vida e obra do ilustrado, matemático e topógrafo galego Domingo Fontán.  A denominada "Carta geométrica deGalicia " foi o primeiro mapa feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas. Na Fundación Domingo Fontán atopamos información sobre esta obra na que Fontán invertiu 17 anos da súa vida e pola que hoxe é recoñecido  como un gran científico.   http://fundaciondomingofontan.es/

Mañá na biblioteca