Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2022

Merendas con contos no Nadal

 

Boas Festas

  Boas festas para tod@s e moitas grazas pola vosa compañía, un ano máis. 

Recomendacións lectoras

As bibliotecas escolares ,  municipais e a Asociación de librarías  da Comarca de Lemos, realizamos estas recoemendacións / suxerencias lectoras para o Nadal 2022.  Neste enlace do blog do Colectivo Lemos Le atopamos os libros incluídos para este nadal :    https://lemosle.blogspot.com/2022/12/recomendacions-lectora s-nadal-2022.html

Mañá na biblioteca

 

CL- El conservador, de Nadine Gordimer

 O Cl Pintor de Castinande ven de rematar a segunda lectura deste curso. Trátase da novela  El Conservador, da escritora sudafricana NADINE GORDIMER.  Interesante trama a desta lectura  na que o protagonista, Mehring  un industrial en sudáfrica  que ten moi claro que debe conservar custe o que custe a súa forma de vida e os seus bens.  Ninguén o cuestiona : nin os traballadores negros que coidan da súa propiedade na antiga provincia do Transvaal, nin os hacenderos boers, que o desprezan, nin os negros que viven en guetos.  Nadine Gordimer , gañadora do Premio   N obel de Literatura no ano 1991 , constrúe un relato  relato basado nos seus temas recurrentes : o apartheid e os conflictos interétnicos. As reunións semanais do CL retomaranse en xaneiro, unha vez que rematen as festas. 

Certames de Nadal 2022

  Na páxina web do Concello de Sober atopamos as BASES dos Certames convocados polo Concello de Sober para este Nadal 2022.                                              https://www.concellodesober.com/amplia.php?id=907

Mañá na biblioteca

 

Exposición de fotografía : IMAXES DO FOLIÓN DE CARROS

 A Asociación Cultural Amigos do Folión trasladou esta semana a súa exposición á biblioteca pública de Sober, onde estará instalada os meses de decembro e xaneiro . Poderase visitar no horario habitual da biblioteca pública. A exposición está composta por imaxes significativas da celebración e por maquetas dos carros alegóricos vencedores do Folión nos anos 2017, 2018 e 2019. As imaxes que podemos ver na exposición amosan a esencia da festa : animais, expresións das persoas participantes, oficios e apeiros tradicionais desaparecidos, axuda mutua propia da festa e algúns outros detalles particulares desta celebración. As maquetas recrean os carros alegóricos "Un día de laboura na Casa do Cura "(2017), "Os ferradores" (2019), "A chocolatería da Señora Sabina" ( 2019) e "As lembranzas do meu avó Basilio como alambiqueiro" ( 2019). A Asociación Cultural Amigos do Folión e a Biblioteca pública de Sober organizarán o longo do mes de xaneiro diferent

Mañá na biblioteca

 

Programación Nadal 2022

 

O Faladoiro dos luns : BELÉN AMIGURIMI

Na entrada da biblioteca está instalado un Belén realizado  polas mulleres integrantes do Faladoiro dos Luns Este grupo, formado sobre todo por mulleres, comparte o seu tempo e moitos coñecementos todos os luns  dende hai unha década. Obradoiros e charlas son habituais os luns na biblioteca a partir das 16:30h. As figuras foron feitas con algodón seguindo a técnica amigurimi :  Amigurumi é un estilo de crochet bastante popular. A palabra é un acrónimo de dous termos xaponeses: ami , que significa tecido; e nuigurumi , ou boneco de peluche. Esta técnica adoita dar como resultados animais ou criaturas fantásticas cunha estética que podería describirse como kawaii , ou adorable. O Belén pódese visitar na bpm de Sober durante este nadal no horario habitual da biblioteca.   

Mañá na biblioteca

 

Presentación de GOTAS DE ESPERANZA

O martes día 15 de novembro  na bpm de Sober tivemos a presentación da última novela do monfortino FERNANDO HERNÁNDEZ GONZÁLEZ. Nacido no ano 1969 na capital da Ribeira Sacra, desenrola a súa actividade profesional no Barco de Valdeorras, onde traballa como Policía Local dende hai case 30 anos. É Graduado en Criminoloxía polas Universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. A súa pasión pola lectura e a escritura lévano  a publicar a súa primeira novela, JUGUETES DE LO DESCONOCIDO. No ano 2020 presentou unha nova obra GOTAS DE ESPERANZA, que debido á pandemia mundial, non tiveramos ocasión de presentar en Sober ata o de agora.  A historia que relata está ambientada en Galicia, cun especial protagonismo no nosa Comarca de Lemos. A novela ten un forte contido social, e a súa protagonista, Marga Botana, unha funcionaria dos xulgados da Coruña, vese involucrada, en situacións complicadas e que mudan o ritmo da súa vida. Podemos decir que unha obra de acción na que as redes sociais son

CL infantil Viaxando polas Letras

  Neste curso 2022/2023 comezamos unha nova andaina en colaboración có  club  de lectura da biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober. A lectura escollida é  Galegas na ciencia  de Isabel Blanco que recolle as biografías de vinte científicas galegas que lle abriron as portas a outras moitas mulleres. No blog da biblioteca do colexio atopamos información das reunións realizadas neste trimestre. https://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/2022/11/viaxando-polas-letras-1-sesion-20222023.html

Mañá na biblioteca

 

Presentación de LA PROPUESTA

O martes 8 de novembro tivemos na biblioteca de Sober a presentación da primeira edición realizada por José Martín Caravallo. Trátase dun libro de realatos que este autor titula: LA PROPUESTA, CUENTOS PARA APURADOS. De diferente temática, son historias basadas na vida deste novo autor, que ven doutro lado do Atlántico e que vive na nosa comarca dende hai tres anos. A presentación fíxoa MONCHA PRIETO, autora  de ALMA DE BARRO : RELATOS DA RIBEIRA SACRA.   Os participantes no CL Pintor de Castinande e as persoas que acuden as actividades de maiores dos martes na bpm de Sober, asistiron a esta presentación con moito interese. Ao remate o autor dedica os libros aos lectores interesados nunha nova proposta, que podemos consultar tamén na coleción da nosa biblioteca . Moita sorte Martín con esta publicación.  

Merendas con contos en novembro

  Iniciamos as actividades dos venres de novembro  coa lectura dun cómic : MIÑOCA E COELLO,  de Iván R., ilustrador e Ramón D. Veiga, autor do texto. Cómic de humor dirixido aos máis novos. Na segunda parte da tarde realizamos un obradoiro de debuxo partindo de modelos kawai, sempre ben acollidos polos nenos e nenas de Sober.

Mañá na biblioteca

 

CL- A ira dos mansos , de Manuel Esteban

  Iniciamos unha nova etapa do CL Pintor de Castinande, coa lectura da novela de Manuel Esteban , A ira dos mansos.  Premio Xerais de novela no ano 2016 na que  asistimos á invesigación realizada polo inspector Carlos Manso, a partir da aparición do cadáver dunha nena con síndrome de Down, caso que acontece no edificio Bandeira de Vigo.  Novela policíaca cun enfoque social ; unha lectura trepidante, que atrapa dende o seu comezo e que fala de inclusión, dignidade e respecto.

Mañá na biblioteca

 

Obradoiro de Origami

  O martes 25 na BPM deSober tivemos un obradoiro de ORIGAMI, realizado por Loli Gutián e Mónica Carballo, da BPM de O Saviñao. As asistentes escoitaron as indicacións das monitoras e realizaron dúas figuras de papel : unha grulla e un vasiño.  Comprobamos a dificultade desta arte e os beneficios que aporta  : estimula a concentración e favorece a coordinación, favorece a capacidade de atención, entre outros. Moitas grazas a Mónica e Loli por facernos pasar unha tarde tan interesante . A colaboración entre as bibliotecas públicas de Sober e O Saviñao continua, a través destes obradoiros e diversas actuacións que teñen lugar ao longo do ano. #extensión bibliotecaria #actividades de animación #actividades para persoas maiores.

Ciberseguridade : contacontos

  Na biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober tivemos un contacontos sobre ciberseguridade, para o que contamos con Polo Correo do Vento.  A través do conto, o debuxo e a música coñecemos e escoitamos falar dos riscos que podemos atopar na internet. Unha forma sinxela e lúdica de aprender a moverse pola rede dun xeito seguro. Os alumnos/as de 4º,5º e 6º de primaria asistiron a este acto   e xa no remate tamén practicaron o debuxo. Nesta actividade colaboramos as dúas bibliotecas de Sober, grazas a proposta de AMTEGA  ( Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia ) .

Colectivo Lemos Le : cea do Día da Biblioteca

  Na seguinte ligazón atoparedes información sobre este acto, que celebramos as biblioteca escolares e municipais da comarca de Lemos.  https://lemosle.blogspot.com/2022/10/dia-da-biblioteca-2022.html

Mañá na biblioteca

  Comezamos o curso 2022-2023 cunha nova etapa das actividades de animación á lectura para os usuarios infantís. Benvidos e agardamos por tod@s os venres ás 16:30h.

Encontro có autor

 

Outubro : MES DA BIBLIOTECA

 

Premio de animación á lectura María Moliner

  Un ano máis a BPM de Sober é unha das bibliotecas premiadas no concurso de proxectos de  animación á lectura María Moliner, convocado polo Ministerio de Cultura e Deporte para municipios de menos de 50.000hb. O concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías. Os 360 beneficiarios deste premio recibimos unha axuda por importe de 2.777,77€ destinados á compra de libros. No seguinte enlace temos o listado de premiados por CCAA neste ano 2022 :  https://forum.wordreference.com/threads/la-leche-se-cort%C3%B3.1992537/ Este premio é para todos os usuari@s da bpm de Sober. Grazas a vós e a vosa implicación  podemos levar a cabo o proxecto de animación á lectura que presentamos neste certame.  #sober coa lectura #sobercoacultura #merendascon contos #clubdelecturapintordecastinand