O día 2 de abril para conmemorar  o nacemento de Hans Christian ANDERSEN celebramos o  DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL . Mañá na biblioteca , nas Merendas con contos, faremos un obradoiro baixo o título :    COMO ME GUSTA ANDERSEN ¡¡ coñeceremos algo da súa vida        e  leremos moitos CONTOS Ás 17:30 na biblioteca de Sober.     Cada ano, a   OEPLI   e as súas catro seccións , entre as que se encontra  GÁLIX  ( Asociación galega do libro infantil e xuvenil  ) traballan para celebrar este día no maior número de lugares de toda España e tamén , coma todos os anos, a BPM de Sober participa nas actividades promovidas e no concurso anual que convoca, que este ano se chama : Adopta un animal de conto.