Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2025

Camiño da igualdade no campamento de verán 2025. 5

Nova xornada camiñando cara á igualdade na biblioteca cas nenas e nenos do campamento de verán do Concello de Sober.

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 5

O que quero é berrar de Simon Philip e Lucia Gaggiotti editado por Cumio foi o libro escollido para a lectura desta semana no campamento de verán. Con esta historia, a través de rimas enxeñosas e moito humor, as nenas e nenos aprenderon que sentir rabia é normal e que hai moitos xeitos de xestionala sen estoupar como un volcán en erupción!  

Camiño da igualdade no campamento de verán 2025. 4

Unha semana máis seguimos camiñando cara á igualdade da man de Paula Santos.

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 4

Esta semana para a nosa lectura de verán escollemos  Achís! de José Carlos Andrés e Laura Tova, publicado por OQO. Con este álbum ilustrado descubrimos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permitiunos falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante. Afondamos nas emocións dende a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva.

Un chisco de maxia no verán co mago Paco

Esta semana gozamos moitísimo do espectáculo que nos trouxo o Mago Paco. Entramos nun  mundo fantástico e divertido no que as nenas e nenos viaxaron por lugares abraiantes, coñeceron a personaxes estraños e viviron aventuras máxicas.

Espectáculo de maxia co mago Paco

 

Camiño da igualdade no campamento de verán 2025. 3

Seguimos o programa de actividades sobre igualdade na BPM dentro do campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. Esta semana traballamos a educación emocional para adquirir as competencias necesarias para previr a violencia, o estrés, a ansiedade, a depresión, etc.

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 3

Seguimos coas lecturas de verán. Desta volta escollemos o título Historia dunha nube de   Eleonora Garriga e Gómez, publicado por Triqueta. Mergullámonos nesta encantadora historia e acompañamos á pequena nube na súa viaxe de autodescubrimento, aprendendo a ser diferente e o que nos fai únicos e especiais. Hai algo malo en non ser como o resto? Existe unha forma mellor que outra? 

Camiño da igualdade no campamento de verán 2025. 2

    

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 2

Seguimos coas lecturas dos mércores no campamento de verán 2025 con  Antes fuimos dinosaurios.  Ademais, co kamishibai abrimos a porta á imaxinación a través doutro formato de lectura.  Ron é un enorme Tiranosauro Rex pero é bastante diferente repecto ao resto dos tiranosauros. Mei é un dinosauro moi pequeno, case insignificante para ser un dinosauro. A partir destes dous personaxes entramos nunha entrañable historia de amizade na que os dous teñen algo en común: o desexo de evolucionar cumprindo os seus soños.

Camiño da igualdade no campamento de verán 2025. 1

Iniciamos o programa de actividades sobre igualdade na BPM dentro do campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. Educando en igualdade educamos sen diferenzas nas mensaxes en función do sexo, baixo valores como o respecto cara ás e aos demais.

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 1

No campamento de verán organizado polo Concello de Sober, a biblioteca recibe os mércores a visita dos nenos e nenas participantes. Nesta primeira semana selecionamos como lectura o título Yo primero   da escritora Míriam Tirado e o ilustrador Joan Turu, editado por Carambuco. Trátase dun conto infantil ilustrado con valores co que se busca acompañar ás e aos máis pequenos na xestión da frustación, o desenvolvemento da autoestima e a aprendizaxe emocional. Reflexionamos: é necesario competir por todo? Non, o máis importante é respectar e valorar o esforzo de cada persoa. Despois da lectura presentamos as novidades editorias para o verán que se poden levar en préstamo para a casa.