Ir al contenido principal

Club de lectura Pintor de Castinande

Comezamos o mes de outubro coa novela 
"CARTA DE UNA DESCONOCIDA" , de Stephan Zwieg.
                     
                                                                                                                                                      "Solo quiero hablar contigo, decírtelo todo por primera vez...Una vida que fue siempre la tuya desde la primera hasta la última hora".
 
É a confesión dunha muller profundamente namorada dun escritor que a ignora.. A autora da carta namórase del cando só era moza ; pasaron os anos e o amor fíxose incondicional máis non foi correspondido.
É un libro romántico, un monólogo que fala das desigualdades no amor. O tema central é un amor sen límites, case sen lóxica. Un amor solitario e secreto.
¿ Merece  a pena dalo todo por alguén que non che corresponde?.
¿Pode o amor sobrevivir para sempre?

 Foi levada ao cine no ano 1948 por Max Ophüls e protagonizada por Joan Fontaine e Louis Jordan.


 
O autor desta novela, Stephan Zweig,  nace en Viena en 1881. Stephan Zweig foi poeta, traductor, editor e humanista. Tamén foi un dos autores mais traducidos antes da 2ª GM e perseguido polo régimen alemán. En 1941 exíliase a Brasil, onde a súa frustración ante o que considera o fracaso da cultura europea, o empuxan á deseperación, suicidándose xunto coa súa segunda muller, Lotte , en Petrópolis, o 23 de febreiro de 1942.

Stefan Zweig2.png

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán