Ir al contenido principal

Día de ROSALÍA DE CASTRO


O día 24 de febreiro de 2013  se celebra o 176 aniversario do  nacemento de Rosalía de Castro e ademáis este ano tamén está de aniversario 
 ( 150 ANOS ) a primeira  edición de  CANTARES GALLEGOS .

Na  biblioteca de Sober recordamos a esta poeta cunha pequena mostra bibliográfica, coa lectura da súa biografía e rematamos cun obradoiro cós pequenos de Merendas con contos :  compuxemos o universo de Rosalía con nubes, o sol a lúa algún planeta...

 Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.

Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.

Só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.










Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán