Ir al contenido principal

VISITAMOS O MUSEO DO TREN










 O día 8 de xaneiro o Club de lectura Pintor de Castinande realiza a primeira das saídas deste ano 2014 e  visitamos  as instalacións do  Museo do tren de Monforte de Lemos (http://www.muferga.es/ )

  Durante case dúas horas e grazas as explicacións dun técnico-guía, coñecemos un pouco máis da nosa historia recente vinculada neste caso ó ferrocarril, medio de transporte que supuxo un gran cambio nas estructuras económicas e sociais da nosa comarca.

Neste museo recuperaron e restauraron vehículos e infraestructuras ferroviarias que nos achegan a un mundo de vehículos de vapor que moitos recordamos coma a locomotora de vapor Mikado que se conserva neste museo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán