Ir al contenido principal

Día da poesía

DIA DA POESÍA

¿ Que son os poetas    (Carmen Gutiérez (inevitablemente poeta)

Os poetas somos predicadores, pregoeiros, profetas que ignoran todo porque todo o recrean ó seu paso e á súa pegada.

Cantamos discursos  das cousas mudas, das pedras ocas coma campás, dos metais ternos coma escumas tersas e oceánicas.

Os poetas depositamos nos vosas mans as sementes duras do sangue cotián, desfacemos o barro para diluvialo no voso peito colectivo.

Somos carpinteiros, labregos, mariñeiros, ferreiros, nais e pais do vendaval que todo o arrasa para cubrilo de misterios.

Os poetas recollemos a vosa voz dende a nosa atalaia, aquela que se confunde cos vosos corpos, percorrendo cada membro.

Levantamos, e falo dos poetas, ós vosos irmáns, o mencer dos petos raxados ,os  porqués que nos enche a luzada única e irrepetible do instante,

Sementamos sombras polos currunchos para recoñecernos polas rúas dos seres que non se nomean.

Os poetas recuperamos o ouvear dos homes, a gargallada dos regatos, o asubío dos vagalumes e o arrepío do vento.

Confundímonos cos amantes. Mesturámonos cos obreiros. Emborrachámonos de brisas novas e brindamos coas treboadas.

Fuximos, os poetas, dos silencios populares, dos anónimos queixumes dos compañeiros encadeados e dos berros afogados de todos os que aínda teñen cousas que dicir.

Fuximos para nomear todas as protestas e denunciar as resignacións.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán