Ir al contenido principal

Diario de un fiscal rural






Hoxe, 17 de setembro iniciamos un novo curso do Club de Lectura Pintor de Castinande . Este vai a ser xa o séptimo aniversario deste club onde un grupo de persoas apostou por esta forma de comunicación,  compartindo lecturas e momentos intensos e gratificantes para a maior parte da xente que se acercou ata a biblioteca de Sober.



Benvidos/@ a este curso 2014/2015




Comezamos  as lecturas coa novela : DIARIO DE UN FISCAL RURAL, do autor exipcio Tawfiq al-hakim.
A vida dun fiscal exipcio no seu moderno destino rural, discorre coa monotonía burocrática dos pequenos delitos cotiáns -furtos, disputas veciñais, et...-. Unha noite, non obstante;  é espertado coa noticia dun asasinato.

Tawfiq al-hakim (1898-1987) é un destacado escritor exipcio pioneiro na novela e no teatro neo-árabes e considerado como un dos grandes autores en árabe contemporáneos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.