Ir al contenido principal

Sueños en el umbral, de Fátima Mernissi



No mes de outubro o Club de lectura Pintor de Castinande andivo "husmeando" nas historias que conta Fátima Mernissi relativas á vida da súa nenez nun harén doméstico de Fez, Marrocos.


Fátima Mernissi (Premio Príncipe de Asturias das letras 2003), escritora e profesora marroquí, autora de importantes ensaios sobre a muller no mundo árabe, reconstrúe nesta novela autobiográfica, gran parte da súa infancia, que transcurre no harén do seu pai na cidade marroquí de Fez. O pai de Fátima era un terrateniente rico, casado cunha soa muller, aínda que defensor da tradición. A súa avoa e nai desexan para Fátima unha vida diferente e unha educación que lle permita sair do harén.
A través dos ollos dunha nena coñecemos tradicións e costumes da cultura magrebí e a vida  das mulleres dentro das fronteras do harén cun  carácter totalmente protagonista destas avoas, nais e fillas loitadoras e emprendedoras e que demostran unha enorme forza interior.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán