Ir al contenido principal

PLATA QUEMADA, de Ricardo Piglia

Engadir título


O club de lectura Pintor de Castinande rematou de ler a novela Plata quemada, do autor arxentino Ricardo Piglia.

É unha novela "negra" publicada no 1997 en Buenos Aires. Parte dun caso real : un atraco a un furgón cheo de plata que sucedeu nesa capital no ano 1965. Os atracadores escapan a Montevideo e ata alí os persegue a policía.
A novela novela recorda na súa formulación a "Sangre  fría" de Truman Capote, polo estilo xornalístico e meticuloso de reconstruír a historia e polo seu afán de contar o caso co máximo de verosimilitude.
As personaxes, a medida que os vamos coñecendo, resultan inquietantes e o autor, ó final, elévaos case á categoría de heroes.
Non nos evita Ricardo Piglia ningunha das múltiples baixezas e maldades humanas: vamos a ter que enfrontarnos coa forma de traballar, utilizando como ferramenta habitual a tortura, da policía arxentina; darémonos tamén de bruces cunha maldade nihilista, sen sentido nin explicación que a xustifique ante os nosos ollos. A maioría das personaxes son marxinais, por elección ou porque é o seu destino.
O autor vainos ter en vilo durante as duascentas e poucas páxinas da novela, desexando por momentos non habernos cruzado con estes tipos, pero hipnotizados pola súa historia.


                A  PELÍCULA : http://es.wikipedia.org/wiki/Plata_quemada, 
 dirixida por Marcelo Piñeyro



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán