Ir al contenido principal

Mañá na biblioteca



Neste segundo venres do mes de novembro nas actividades de animación á lectura 

Merendas con contos que adicamos as tradicións do noso concello, imos a coñecer a 

elaboración dun producto  :              A ROSCA de Sober

  
Dende hai xa moitos anos,  tanto nas panaderías como nos fornos particulares, a rosca se realiza de forma totalmente artesanal. Contamos coa colaboración de MONCHO ÁLVAREZ, artesán de Millán , que falará cós nen@s dos segredos que coñece para elaborar este producto. Haberá un obradoiro no que poderemos amasar e degustar  as nosas propias roscas.

Iniciaremos esta tarde de merendas coa lectura do conto :O gato lambón, conto popular adaptado por  Patacrúa .

Vémonos ás 17:30h. na biblioteca municipal

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán