Club de lectura Pintor de Castinande :      A recomendación feita por unha profesora de lingua dun IES de Monforte de Lemos  deunos a oportunidade de ler   durante decembro esta estupenda novela que fala da maxia dos libros e do poder da lectura :      Germain, corenta e cinco anos, case analfabeto, fillo pouco querido e escolar humillado, coñece no parque a Margueritte unha vella dama , muller culta e que lle propón ler un libro en voz alta. Germain por educacion acepta  e asi descobre no mundo dos libros a maxia da lectura e de todo xorde unha gran amizade.       No ano 2010 foi levada ao cine polo realizador  Jean Becker .         A autora : Marie-Sabine Roger  naceu en 1957 na rexión francesa de Bordeux. Tras exercer de profesora nun colexio infantil durante varios anos, hoxe   adícase de maneira total á escritura. É autora de máis de cincuenta libros de literatura infantil, xuvenil e de adultos. Ac...