Ir al contenido principal

Merendas con contos en febreiro



Actividades das MERENDAS CON CONTOS  no mes de febreiro :


VENRES 21 : DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro foi declarado pola Unesco como o día no que se conmemora a riqueza da diversidade lingüística e cultural do planeta:
  • Faremos un obradoiro adicado ás Linguas do Mundo .
  • Lectura de "Cando eu saiba ler" de Yolanda Castaño con ilustracións de Xosé Tomás, ; ed. Galaxia.

O Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago realizou un traballo sobre a lingua galega que nos permite compartir e que vos mostramos  a continuación :







VENRES 20 e 26 : ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro  é o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO: 

  •  Unímonos á proposta da Asociación de Escritores de Lingua Galega ( AELG) coa elaboración dunha postal cun debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. O día 24 farase o envío destas postais. 
  • Faremos un cartel có verso TROCANDO EN SONRISAS/QUEIXIÑAS E CHOROS
( do poema IV de Cantares Gallegos)

  • Lectura de "Antoloxía da poesía galega para nenos" ; ilustrado  por Xan López Domínguez ; ed. Susaeta.


COMA SEMPRE ÁS 17:30 NA BIBLIOTECA DE SOBER



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán