Ir al contenido principal

CL-Arráncame la vida, de Ángeles Mastretta



 O Cl da biblioteca comenza o mes de abril coa lectura da novela de Ángeles Mastretta ARRÁNCAME LA VIDA . 


Escritora e xornalista mexicana coñecida por crear personaxes femininos que reflexan as realidades políticas e sociais do seu país, México.

En Árrancame la vida, narra a vida de Catalina , unha moza de boa familia que casa có xeneral Andrés Ascencio   e esperta a unha vida de pasión e luxo.
 Andrés cólmaa de caprichos, pero o seu amor é posesivo e Catalina  sente que se afoga. Cando coñece ao director de orquestra Carlos Vives,  mozo guapo e idealista, rebélase contra unha situación que ameaza con eclipsarla como persoa.

Unha historia de amor que se desenvolve no México dos anos 30 que nos fai estar presentes en moitos dos acontecementos históricos dese país  e ao mesmo tempo gozar coa lectura dunha boa novela. 

Foi levada ó cine no ano 2008 por Roberto Sneider nunha superproducción mexicana con gran éxito de público   :      Arráncame la vida

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.