No mes de maio, que chamamos mes das letras e celebramos  a  festa do idioma , homenaxeamos a  MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO , escritor vinculado á Ribeira  Sacra durante unha longa etapa da súa vida.                   Casa museo Manuel María                         O día 6 coñecemos un pouco máis ao  POETA DO MIÑO , grazas a presentación que fixeron có seu  libro o colectivo     Polo Correo do Vento .                   A Música e  a Literatura  foron as protagonistas dun concerto dos alumnos da Escola  Municipal de Música de Sober ,  xunto coa Coral  de adultos e tamén infantil e os nen@s participantes nas Merendas con Contos  da Biblioteca Pública :   Música , canto  e lectura dos versos de  " SOÑOS NA GAIOLA " .                         O Club de Lectura Pintor de Castinande participa tamén nas actividades programadas dende o Concello de Sober :  cun encontro  con Xose Lois García  que presentou o seu estudio :    MANU...