Ir al contenido principal

AS NOSAS LETRAS no mes de maio



No mes de maio, que chamamos mes das letras e celebramos festa do idioma, homenaxeamos a MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO, escritor vinculado á Ribeira Sacra durante unha longa etapa da súa vida.


















O día 6 coñecemos un pouco máis ao POETA DO MIÑO, grazas a presentación que fixeron có seu  libro o colectivo 

Polo Correo do Vento.







 A Música e  a Literatura foron as protagonistas dun concerto dos alumnos da Escola Municipal de Música de Sober,  xunto coa Coral de adultos e tamén infantil e os nen@s participantes nas Merendas con Contos da Biblioteca Pública :  Música , canto  e lectura dos versos de  " SOÑOS NA GAIOLA " .









O Club de Lectura Pintor de Castinande participa tamén nas actividades programadas dende o Concello de Sober :  cun encontro con Xose Lois García que presentou o seu estudio : 
MANUEL MARÍA Reencontrado.





Os integrantes do CL gravaron poemas do poeta da Terra Chá  que se están a emitir na emisora de radio local Onda Cero Monforte. 




Outra das actividades para celebrar o Día das Letras foi o PROXECTO SEMENTEIRA.

A partires dunha proposta feita pola profesora de galego do IES A Pinguela, María José Vidal, coa participación dos seus alumnos , dos do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e tamén coa participación de usuarios da biblioteca pública de Sober , se elaboraron caligramas con poemas de Manuel María. Estiveron expostos nos centros educativos e tamén na praza do Concello de Sober có fin de espallar a obra do poeta chairego.



Durante todo o mes de maio e tamén no de xuño pódese visitar unha exposición de homenaxe a MANUEL MARÍA

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán