Ir al contenido principal

Celebración do DÍA DA BIBLIOTECA




Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Amigos del libro infantil y juvenil , co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de todos os lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana. 

 Cada ano se encarga a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redación do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados.

 Este ano as elexidas foron dúas mulleres: Ledicia Costas, última gañadora do Premio Nacional (Escarlatina, a cociñeira defunta) e do Premio Lazarillo (Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta), e a ilustradora Elena Odriozola, tamén galardonada co Premio Nacional de Ilustración en 2015.




Para conmemorar o Día da Biblioteca desde o Colectivo Lemos Le organizamos por cuarto ano unha xuntanza de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación.

O xantar celebrarase o día 22 de outubro na Casa Grande de Rosende. As persoas interesadas en asistir poderán recoller a súa entrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra do Brollón, Bóveda, Saviñao, Sober ou na biblioteca escolar do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos; tamén no propio restaurante ata o día 17 de outubro incluído a un prezo de 25 €.

Con este acto queremos reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

Durante a mesma farase entrega dos premios do III Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: Lola de Penelas. Unha muller oleira.

Ademais convocarase oficialmente a IV Edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán